![]()
A característica que diferencia a Cafés Sabora do resto de cafés é o toste diario dos grans. Así, o consumidor toma o café ás poucas horas de ser tostado dun xeito totalmente artesanal.
Cafés Sabora selecciona e importa os mellores cafés das variedades Arábica e Robusta en Colombia, Brasil e Uganda; pero o verdadeiro segredo está no toste e no equilibrio da mestura, que lle dá ese sabor e aroma tan característico aos nosos cafés.
A filosofía de Cafés Sabora baséase na produción artesanal do café para acadar a máxima calidade. A gran diferencia entre os nosos cafés e os das grandes compañías do sector está nesta elaboración artesanal; un proceso no que nunca se tostan grandes cantidades, de xeito que o grao de toste compróbase sentíndoo directamente coas mans para obter un resultado óptimo.

