O shakerato, café frío Italiano

Shakerato con licor

Que é Shakerato?

Bebida Italiana preparada con expreso, azucre, xeos en axitador. 
Este tipo de café axítase para conseguir arrefrialo e lograr á súa vez unha escuma densa.
 
O shakerato, a versión Italiana do café con xeo, ou o que é o mesmo, unha deliciosa crema elaborada con café con xeo axitado ao estilo italiano.
 
Un café procedente de italia, país ao que os amantes do do café temos moito que agradecer, como, por exemplo, o popular espresso, o macchiato, o ristretto, o mocaccino e o cappuccino.
 
O seu nome deriva do termo en inglés shake, que significa axitar, algo que o define por completo.
 
Si amigos para lograr a característica escuma deste café toca axitar.
 
Este é un café sinxelo, feito a base de  espresso, azucre e xeo  deliciosamente frío.
 
Nalgunhas rexións de Italia engádenlle tamén licor de vainilla ou crema batida para decorar. 
 
Nos locais de hostalería italiano o máis habitual é que cho sirvan en copas de martini ou vasos de boca ancha.

Como preparar unha versión clásica do shakerato

En primeiro lugar preparar o café coa máquina e café ou coa moka se non dispós dunha maquina expreso. 
 
Poñer o café aínda quente nun axitador, e se es dos que tomas o café con azucre engadir o azucre, axitar, engadir os feos e volver a axitar.
Mesturar e despois engadir o xeo.

Ingredientes do  shakerato

  • 60  ml de café quente recentemente feito, un espresso dobre.
  • 1 cullerada, 15 gramos, de azucre
  • 3 – 6 pedras de xeo dependendo do tamaño (uns noventa gramos de xeo).

Materiais para facer un  shakerato.

  • Cunca de  expreso.
  • Recipiente para o xeo. 
  • Axitador.
Café shakerato

Preparación dun  shakerato tradicional

Pon o xeo e o azucre, sempre  optativo na miña opinión no café, a unha  cocteleira, axitar para disolver azucre e café. 
 
Vertede sobre o xeo e o azucre o expreso quente.
 
Pechádeo e axitade forte ata que estea completamente frío (uns segundos).
 
Servide o expreso xeado nun vaso ou outro recipiente de vidro que prefirades, tradicionalmente sérvese nunha copa de martini,  e servide de inmediato.
Hai que meter os ingredientes na orde que vos dei: xeo, azucre e o café.
 

Variacións do Shakerato

Aínda que o Shakerato é delicioso cando se fai só cos seus ingredientes estándar, é fácil facer versións da receita orixinal e adaptala ao noso gusto persoal. 
 
Podemos agregar un pouco de  vainilla, chocolate, un licor de crema como  Baileys,  amaretto ou whisky. 
 
Preferiblemente non todo á vez, que vos vexo vir.
 
Se non temos un axitador para facer esta bebida, non nos alteremos podemos usar un frasco cunha tapa hermética. 
 
Para obter mellores resultados, utilizade auga mineral ou ben filtrar a auga da billa.
 
E facelo tanto para reparar o expreso como para facer os xeos, asegurando así que o shakerato salga suave e cremoso.
 
Por outra banda non é mala idea no azucre no café quente para disolvelo ben xa que unha vez arrepiado non se disolve ben 

Conclusión

O café  Shakerato é unha bebida moi saborosa e fresca feita con café, xeo e azucre. 
 
En Italia, é moi común e é posible pedilo en bares, pubs, hoteis e cafés.
 
Como temos comentado exisnten moitas variacións  interesantes de  caffè  shakerato, nas que se agregan outros ingredientes á receita básica, moitas delas cun toque de alcol, crema de whisky, por exemplo.
 
Así que podes xogar a obter o que máis che guste.
 
Tamén che poden interesar
6 cafés fríos fáciles de preparar

Café xeado: cando a calor aperta

Cappuccino: que café é e como ten evolucionado

Café frío: cold brew fronte a café con xeo

 

Engadir un novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar se vostede é un visitante humano e previr envíos de spam automatizado.

Director del Proyecto : Federico Asorey Consultoría e-Commerce
© Copyright 2020