6 Cafés raros, pero moi raros, que están bos.

Todo o necesario para preparar un Pumpkin Spice Latte

5 cafés raros aos que vale a pena darlles unha oportunidade

Son cafés no moicoñecidos para nós pero que toman centos de miles de persoas, as que ademais lles encanta tomalo.

O certo é que se es camareiro os clientes pódenche pedir só tres cafés, e ter que preguntar o teu como o queren.  
 
Ou podes saír da mesa cunha comanda máis longa que a de calquera servizo de comida.
 
Café só, longo de auga, quente e en baseo de cristal, o segundo quere igualmente un café só, cunhas pingas de augardente pero en cunca de porcelana, e o terceiro un café bombón en baseo de cristal.
 
Pero amigo camareiro con estas peticións saíches mellor parado so que supos,  espera a coñecer os cafés que toman algúns e verás como a túa vida pódese complicar.

Así e sen entreternos máis imos co que entendemos son uns cafés raros, pero raros de c... pero que con todo dan como resultados uns excelentes combinados de café

Pero vaiamos con estes cafés que che  van sorprender

1º Os cafés con queixo finlandeses ou Kaffeost

É unha curiosa e elaborada idea dos finlandeses, supoño que proveniente desas longas noites de inverno.
 
O primeiro que tes que conseguir é facerche co queixo feito con leite callado, ao a que se lle dá unha  forma de disco, chamado como non, juustolipä. Nome que como vedes é tod menos facil de recordar para nos.
 
Este disco leva ao forno e unha vez dourado, córtase en cubiños que se verten no café, co que se abrandan e poden ser degustados ao tomar o café
 
O queixo pode ser de cabra ou de vaca, lembra ó nome o juustolipä. 
 
Teño que dicir que sería un dos que probaría con gusto, pero non vos podo comentar máis, xa supoñeredes que tiven moi complicado conseguir o queixo juustolipä.
 
Síntoo tampocuco entrei un video explicativo nun idioma máis alcanzable aos nosos oídos.

2º Os cafés con ovo vietnamita ou Cà Phê Trứng

Se algún día pasa por Vietnam podes probar un delicioso café con xema de ovo, senon sempre podes intentar prerparalo na casa.
 
Ao parecer isto dous ingrediente compleméntanse perfectamente, como os ingredientes son máis sinxelos de conseguir déixoche un vídeo por se queres tentalo.
A xema de ovo fai que a textura de café sexa máis consistente e cremosa, ademais suaviza o sabor forte de café vietnamita, lembremos que se trata dun café robusta.
O café vietnamita normalmente prepárase cun filtro tradicional.
 
Parece como un recipiente de aceiro cuns buracos na base que permite o paso do café á cunca que está baixo do filtro.
 
Se queres profundar déixoche a ligazón ao a web sabororiental.com onde tedes a elaboración explicada paso a paso.
 
En caso de non atopes café vietnamita sempre podes comprar un bo robusta no mercado e tentalo.
 

Sería inxusto deixar de nomea outra achegas llos ovos ao mundo do café:

"Escandinavian Coffee" ou "Lutheran Church Basement Coffee"

Mestura orixinal do Medio Oeste de Estados Unidos, popular entre os estadounidenses de orixe escandinava. 
 
Elabórase mesturando café moído cun ovo cru batido, sorprendentemente nalgunhas receitas mesmo afirman que se debe botan a casca, ben limpa supoño, a esa mestura engádeselle á auga fervendo e logo cóase. 

O "eggnog latte"

É unha bebida con base de café 'espresso' e leite batido con ovo e azucre. 
 
Tradicional dos países anglosaxóns na época de Nadal e, en ocasións, póñenlle algún licor, algo moi enraizado, tamén, na nosa tradición, digo o de acompañar e café algún tipo de bebida con alcol, non o de engadir ovos ao café.
 

3º Café con manteiga ou bulletproof coffee

Si amigos o noso café a proba de balas, é un invento patentado en Estados Unidos, ¿onde se non poderían poñer un nome así a un café?
 
Os ingredientes difiren un pouco do que todos temos agora mesmo en mente. 
 
O café é orgánico, e a manteiga, pola súa banda, non ten sal e dispón dunha mestura de aceite de coco e de palma.
 
Dave Asprey é o pai da criatura, executivo nunha gran compañía de Sylicon Valey, montou todo un negocio ao redor da receita, con libro incluído, onde vende este café como un beberaxe milagre para facer dieta e perder peso, con que base científica? iso amigos que volo explique Dave.
"Achega un sabor interesante, non prexudica os beneficios antioxidantes da bebida e, ao aumentar o contido calórico, dá máis enerxía".
Pero antes de lanzarse a probalo, advertido quedas de que é un ingrediente moi rico en graxa saturada e achega unhas 450 calorías por cunca.
 
Procura que a manteiga sexa de verdadeira calidade es sin sal.
 
En realidade o café con manteiga é un invento moito máis antigo orixinario da zona do Tíbet, onde se elabora con leite de iac.
 
E é dese lugar onde Dave Asprey copia a receita modernizándoa ao gusto Estado Unidense.
 
Outra opción é probar este café tibetano se es capaz de atopar unha boa manteiga de iac. Non me negues que comezades a sentir curiosidade?

Café con puré de cabaza ó Pumpkin Spice Latte

Café con cabaza?
 
Si, aínda que aquí soe rarísimo en EEUU, tómanse millóns de cuncas deste café durante o outono.
 
Direivos que é un dos produto estrela de Starbucks para esa datas.
 
Hai uns meses anunciar que a bebida de Starbaucks levaría puré natural de cabaza, o que fai que me pregunte que levaba antes?
Basicamente, consiste nun café con leite adozado e especiado con noz moscada, canela, puré de cabaza e cravo.
Para preparar a versión caseira tan só necesitamos bo café, un pouco de puré de cabaza, especias, leite e nata montada.
 
Para os máis intrépidos déixovos un vídeo de como facer facilmente un bo PumpKin Space Latte.

Café-tonic
Todos os cafés dos que falamos quédannos un pouco lonxe.
 
Falemos agora dun invento nacional de que quizá coñezas xa: o café tonic.
 
Poida que dentro duns anos sóenos tan normal como o café con xeo, ou o "carajillo", pero a día de hoxe non deixa de sorprender.
 
É unha idea do  Barista Jordi Mestre, que foi campión de concursos baristas de España, que desenvolveu a idea como un café para o verán:
 
Ocorréuselle
"Unir un café con torrado lixeiro destaca máis os sabores froiteiros, florais, herbais unha tónica que é un refresco a base de auga carbonizada, ácido cítrico, azucre e quinina".
A infusión de café arrefriado directamente sobre xeo ten unha temperatura e unha densidade diferente á tónica polo que se se verte con coidado non se mestura e queda unha copa a dúas cores.

Como vedes amigos camareiros a vosa vida pode ser moito máis complicada, ou máis divertida se cabe, se vos atopades con clientes dispostos a probar cousas novas.
 
Pero ter a mente aberta pódevos levar a ofrecer cafés aínda moi sorprendentes, que mesmo poden ser un elemento diferencial para o teu negocio.
Para ti que  che gusta faceren cousas diferentes co café non perdes nada e podes ter una agradable rato cos amigos.
 
Cal deles animaríasche a probar?
 
Si xa probaches algún disto que che pareceu?
 
Probaches  ou coñeces algún café curioso?
 
Anímaet e compárteo.

 

 

 

 

Add new comment

Plain text

  • No HTML tags allowed.
  • Web page addresses and e-mail addresses turn into links automatically.
  • Lines and paragraphs break automatically.
CAPTCHA
This question is for testing whether or not you are a human visitor and to prevent automated spam submissions.

Director del Proyecto : Federico Asorey Consultoría e-Commerce
© Copyright 2020