10 beneficios do café para a túa saúde que seguramente descoñeces

Cunca de café

Por que o café pode ser bo para a túa saúde?

Durante décadas pensouse que o café era prexudicial para a saúde, e parte desa lenda arrástrase ata os nosos días. Hoxe, con todo, numerosos estudos científicos demostraron que, en cantidades moderadas, pode ser un aliado poderoso para o benestar físico e mental.

O binomio beneficio para a saúde / café é algo que se descubriu nos últimos anos, así que o seu consumo pasou de ser considerado perigoso a todo o contrario.

A continuación, presentámosche 10 beneficios do café avalados pola ciencia máis recente, xunto cun punto final clave que quizais descoñecías: a xenética inflúe en como o toleramos, e polo tanto, non todas as persoas teñen as mesmas experiencias ao tomar café.

Probablemente, se estás lendo isto, ti sexas das persoas que toman dúas ou tres cuncas de café ao día. Temos boas novas para ti: tomar estas cantidades de café non só non é prexudicial, senón que é altamente beneficioso para a túa saúde.

E o que é máis sorprendente: nun estudo de 2017 indica que tomar tres cuncas de café ao día reduce o risco de morte. Nin máis nin menos: consumir café de forma moderada alarga a vida.

Grans de café formando un corazón

Beneficios que o café nos proporciona.

1. Mellora a memoria a curto prazo

Estudos como o de Nature Neuroscience confirman que a cafeína mellora a consolidación dos recordos no hipocampo. Tomar café tras estudar pode axudarche a reter mellor a información. (Estudo 2014 - Johns Hopkins)

Unha cuestión da que podemos dar fe moitos dos que estudamos a base de cafés, intuíamos sen base científica que axudaba, e agora parece ter respaldo da ciencia.

2. Protexe contra o deterioro cognitivo

Investigacións recentes vinculan o consumo habitual de café cun menor risco de Alzheimer e Parkinson. A cafeína actúa como neuroprotector. ((Estudo CAIDE - 2010)

A demencia senil, o Párkinson ou o Alzheimer están a aumentar rapidamente nas poboacións que envellecen, e aínda non existe tratamento curativo.

Por iso os efectos dun elemento natural como o café resultan moi interesantes para combater o Alzheimer e o Párkinson.

Parece que as persoas que consumen café regularmente teñen un 60% menos de posibilidades de padecer estas enfermidades, auténticas epidemias non contaxiosas no mundo occidental.

A responsable principal destes efectos é a cafeína, xa que os consumidores de cafés sen cafeína  non amosan vantaxe algunha.

3. Reduce o risco de diabetes tipo 2

Revisións científicas como a publicada en BMJ indican que cada cunca diaria de café pode reducir entre un 6% e un 9% o risco de desenvolver esta doenza. (BMJ 2023).

A diabetes tipo 2, a máis frecuente, pode previrse con hábitos saudables: manter un peso adecuado e facer exercicio.  Pero a cafeína tamén semella xogar un papel clave na ecuación para evitaren este tipo de diabete tipo 2. Outros estudos indican cifras incluso máis altas: entre un 23% e un 50% menos de risco en consumidores habituais de café.

Non está claro o porqué, pero hai suficientes investigacións para afirmar que o café parece previr a aparición desta doenza.

4. Ten efecto antidepresivo

O café pode ser un excelente antidepresivo de acción suave. Actúa sobre a dopamina e a serotonina, reducindo a incidencia da depresión, como mostra un estudo da Universidade de Navarra. (Proyecto SUN - 2018)

Bloquea os receptores da dopamina, o neurotransmisor relacionado coa ansiedade e o estrés. Se está sobreexcitado, aumenta o risco de sufrir un estado depresivo.Cómpre lembrar queo café sen cafeína non ten os mesmos efectos.

Abonda cunha cunca ao día (uns 100 ml) para notar melloría, así que, se xa tomas café, vas por bo camiño para evitar estados depresivos.

5. Protexe o fígado

O café asóciase cunha menor incidencia de enfermidades como o fígado graxo non alcohólico ou a cirrose. Os seus antioxidantes parecen ter efecto protector hepático. (World Journal of Hepatology - 2017)

As persoas que beben máis de 4 cuncas ao día —mesmo de descafeinado— teñen un 80% menos de risco de padecer estas enfermidades.

A bo entendedor, poucas palabras: combinar licores con café —caraxillo ou café irlandés— non che vai librar da enfermidade se non bebes con moderación.

 
Beneficios do café para a tua saude -  Infografía

6. Alivia certos tipos de dor

A cafeína potencia o efecto dos analxésicos e pode reducir dores musculares lixeiros, segundo investigacións escandinavas sobre saúde laboral. (BMC Research Notes - 2012) De feito, a cafeína é un compoñente común en moitos medicamentos para a dor.

É moi eficaz contra dores provocadas polo estrés ou sobrecarga muscular, como o típico no pescozo e ombreiros por pasar horas diante do ordenador. Moitos deportistas consomen cafeína antes do exercicio físico polos seus efectos positivos a nivel muscular.

E non esquezamos que o café é rico en vitaminas do grupo B, fósforo, calcio, ferro e magnesio.

 

7. Mellora o rendemento físico

Ao aumentar a adrenalina e favorecer a oxidación de graxas, o café mellora o rendemento en deportes de resistencia. (PLOS ONE - 2013) A adrenalina prepara o corpo para o esforzo físico. Por iso moitos atletas toman café con regularidade.

Mellora o rendemento e reduce a sensación de fatiga. Axuda a descompoñer a graxa corporal e libera ácidos graxos libres como combustible para o exercicio.

E o mellor: o café non está incluído na lista de substancias prohibidas por dopaxe. E o que é mellor para todos estes deportista o café non está considerado como unha substancia prohibida por dopaxe.

8. Estimula o metabolismo

A cafeína acelera o metabolismo basal, favorecendo a queima de graxas. Iso si: sen azucres nin coberturas calóricas. (AJCN - 1980)

Para aproveitar os beneficios do café, cómpre seguir unha dieta equilibrada e limitar o consumo de graxas saturadas, doces e bebidas azucradas.

Se pensas en tomar tres cafés moka de 340 kcal cada un... non che vai axudar a adelgazar. Pero un café só sen azucre si, porque só achega 2 kcal.

9. Aporta antioxidantes

O café é unha das maiores fontes de antioxidantes na dieta occidental, superando moitas froitas e verduras. (Molecules - 2023). Se por algo é adecuado consumir café é porque se mostra como unha poderosa fonte natural de antioxidantes.

O estudo da Universidade de Chile indica que o café combate os radicais libres e prevén o envellecemento celular.

Aposta por café de cultivo ecolóxico, o máis natural posible. Canto máis natural, máis antioxidantes terá para unha pel máis tersa, elástica e nova.

10. Reduce o risco cardiovascular

O consumo moderado asóciase cun menor risco de enfermidades cardiovasculares, como sinalan o National Institutes of Health e a revisión en BMJ. (BMJ - 2017). Segundo o estudo publicado no New England Journal of Medicine, con máis de 400.000 persoas entre 50 e 71 anos durante 14 anos: As persoas que consumían café a diario reducían o seu risco de morte por enfermidade cardiovascular.

Por iso os especialistas non desaconsellan o seu consumo nin en pacientes hipertensos.

A cafeína aumenta lixeiramente a presión arterial e a frecuencia cardíaca, pero non se demostrou que aumente o risco de enfermidade cardiovascular. Ao contrario: parece previla.

“Calquera persoa hipertensa ou con enfermidade cardíaca pode tomar, en principio, 3 ou 4 cuncas ao día, pois nunca se evidenciou un carácter nocivo do café nestas patoloxías.”
Enrique Galve, presidente da sección de Risco Vascular e Rehabilitación Cardíaca da Sociedade Española de Cardioloxía (SEC)

Por que o café afecta de forma diferente a cada persoa?

Non todas as persoas metabolizan a cafeína igual. A clave parece estar nun xene chamado CYP1A2, que regula a encima que descompón a cafeína no fígado.

  • Metabolizadores rápidos: eliminan a cafeína eficientemente. Para eles, o café adoita ter efectos positivos.

  • Metabolizadores lentos: procesan a cafeína máis lentamente e poden sufrir efectos secundarios como insomnio, ansiedade ou palpitacións.

Estudos recentes como o publicado en BMJ Medicine - 2023 confirman que esta diferenza xenética afecta directamente á resposta do corpo ao café, e mesmo pode influír no risco cardiovascular se o consumo é elevado en metabolizadores lentos.

Se notas que o café non che sinta ben, pode que sexas un destes últimos. Nese caso, moderar o consumo ou facer un test xenético pode axudarche a tomar decisións máis saudables.

Por qué el café afecta de forma diferente a cada persona - Infografía

Dez beneficios do café prometínche, e dez che dei.

O café, consumido con moderación, é moito máis ca unha bebida para espertar. É unha fonte de saúde, antioxidantes e benestar. E agora, grazas á xenética, entendemos mellor por que non todas as persoas o toleran igual.

Coñecer o teu corpo e como responde ao café é clave para gozalo con plena consciencia.

O café: que beneficios ten para a saúde?

12 Beneficios do café ecolóxico.

O café: beneficios que achega nos teus día a día

Beneficios do descafeinado para a saúde
Non deixes de comentar.


Engadir un novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar se vostede é un visitante humano e previr envíos de spam automatizado.

Director del Proyecto : Federico Asorey Consultoría e-Commerce
© Copyright 2020