12 accións que che permitirán tomar un bo café

Un  bo café cunha cafeteira Italiana.

Tomar un bo café en casa non e sinónimo de comprar o café máis caro.

É sinónimo de comprar un bo café e de non facer co café ningunha acción que termine facendo imposible tomar un café de calidade.

Antes de nada comentar que para facer un bo café o primeiro que tes que ter é un café de calidade nas túas mans. 

Se o café é malo xa podes facer poesía con el que non conseguirás levar un bo café á túa cunca. 
 
O que pretendemos co post é,  sen complicarnos moito, dar uns consellos básicos para que poidas obter un gran café con todo o seu aroma es sabor

As segintes sen dúbida non son as únicas accións que convén ter en conta para facer un bo café. 

Pero si son, na nosa opinión, as que máis se dan e inflúen na calidade do café.

 

1º Non requentes o café se o que queres é tomar un bo café.

A miña avoa tiña razón o café requentado non sabe a nada

O cambio de sabor é evidente para o que teña  papilas gustativas.

Requentar, aínda cando sexa o microondas, destrúe calquera dos aromas que aínda quedaban desde que se preparou o café por primeira vez. 

Ademais aumentarás a presenza de  cafeína,  azucres, e graxas producindo transformacións nas mesmas.

Se requentas o café acabarás rompendo todo o seu aroma e sabor facendo que saiba a café rancio e requentado.

A alternativa menos mala, que non boa, para requentar café é esquecerse do microondas, recorrer a un cazo e a un lume a moi pouca potencia para conseguir ir subindo a temperatura da bebida moi aos poucos e sen présas. 

O café queimado non é unha boa alternativa ao café frío.
 
Evita usar microondas para requentar o café frío.

 

2º Evita gardar longo tempo o café depois de comprado.

Se che regalan un bo café, ou te dás un capricho e cómpras un café de moita calidade, ou simplemente compras un bo café, non o gardes, comeza a consumilo xa.

Para lograr un bo café a frescura é importante.

Por frescura entendemos que a data de tostado estea o máis próxima posible ao consumo do café.

O café non é un viño de garda que mellora co tempo, calquera café por bo que sexa co paso dos meses e xa non digamos anos, perderá todas as características que fixeron del un gran café.

Por esa razón tostamos todos os días o café para que chegue ao noso cliente hostaleiro ou tendeiro nas mellores condicións para poder obter del un gran café en cunca.

E por iso mesmos non vendemos a supermercados que non nos garanten que o noso produto vai chegar sempre fresco ao cliente final.

Así que fíxate na data de envasado e non te leves a casa cafés que pasaron meses nos andeis dun supermercado se o que queres é poñer un gran café na tua cunca.

 

Gardar o café nun recipiente hermético

 

3º Se queres tomar un gran café gardao ben cando o teñas en casa.

Isto supón atender a un par de normas básicas.

Evita sitios moi húmidos, moi cálidos ou con cheiros fortes.

Dobrar o paquete de café aberto e poñerlle unha pinza da roupa non é a mellor idea.

O mellor é que teñas un recipiente de peche hermético e que gardes no o teu café.

Unha vez aberto a oxidación do café é o seu maior inimigo, canto máis evitemos o contacto co aire mellor.

4º Moe o café xusto antes de preparalo

E este é un consello básico, se tes un bo café, moelo con antelación ao momento de preparalo é basicamente facer dese café un café peor.

Xa o dixen nalgún outro post, un café comprado moído é un café peor que ese mesmo café se se comprou sen moer.

Por que?

Sinxelo, un café en gran pode aguantar semanas o seu aroma e sabor se está ben envasado e conservado en condiciones óptimas.

Unha vez moído ese mesmo café empeza a perder aroma e sabores xa non en días ou en horas, se non en minutos por non falar directamente dalgúns segundos.

Por tanto se non queres co bo café que che compraches perda calidade moe xusto antes de preparar o café.

Preparar un café na cafeteira que queiras é sempre un rito, e o moer é unha parte fundamental dese rito, non o esquezas.

 

Moe o café xusto antes de tomalo

 

A auga coa que preparas o café é importante.

Se utilizas auga da billa sen filtrar por ningún sistema empezas mal para facer un bo café.

Nun café por goteo a auga é o 98 % do café, nun expreso aínda sendo un café máis concentrado a auga supera o noventa por cento do que contén un café.

Se a auga é de baixa calidade, sabe a cloro, é excesivamente  salina, ten aromas ou sabores non desexados simplemente estragarás a cunca de café.

Solucións usar auga mineral de mineralización débil, ou algún sistema de filtrado que elimine os elementos que poidan afectar o aroma e sabor da auga.

Que por outra banda sabemos que debe ser incolora, inodora e insípida.

 

6º As doses de café e auga son importantes.

Cada método de preparación ten unhas doses óptimas.

Non é a pretensión do post ser exhaustivo nos consellos senón que sexan prácticos para os que tomas café en casa.

Pero para que non acabes servindo auga tinxida de café, nin un engrudo ao que sexa ata difícil meterlle a culleriña para revolver, o mellor é que te cingas a calcular que para un litro de auga necesitas uns 60 gramos de café.

 

7º Controla a temperatura da auga.

A primeira recomendación é que se a cafeteira vai ao lume fagas o café con lume lento, as présas non son boas nin para facer café.

O consello anterior estoucho dando para a cafeteira italiana por exemplo.

Se o café obtelo por goteo nunha cafeteira de filtro é importante que a auga non a utilices fervendo, pensa nunha auga a uns 90 - 92 graos centigrádos para conseguir un bo café.

Se as présas non son boas para apurar o café ao lume, tampouco o son para facer a infusión do café con auga, dálle o seu tempo para que o café se infusione ben ca auga

Por exemplo nun  chemex o proceso debe durar sobre tres minutos e medio para obter un café ben extraído.

 

 

8º Unha moenda adecuada ao sistema de extracción é básica para obter un bo café.

Se te equivocas nisto as consecuencias son traxicas para o teu café.

  • Para unha prensa francesa unha moenda grosa.
  • A cafeteira de filtro tipo chemex ou V60 sempre unha moenda media.
  • Para unha italiana unha moenda fina.
  • Para unha cafeteira expreso un moenda moi fina.

Esta é outra das razóns para non comprar nunca café moído, co tipo de moenda industrial que estará pensada ben para unha italiana ou para unha cafeteira de filtro, non poderás conseguir nunca un bo café nunha prensa francesa ao ser moi fino para esta cafeteira, nin un expreso a ser excesivamente groso o moído para a cafeteira expreso.

 

9º O coidado e lavado da cafeteira son básicos

Unha cafeteira sucia ou mal lavada vai achegar sabores que non queremos no noso café.

Se non lavas a cafeteira, ou o fas con produtos non adecuados, afectará o sabor do café que obtés desa cafeteira.

As cafeteiras que utilizamos en casa simplemente limpándoas ben con auga despois do seu uso é suficiente.

Sécaas igualmente ben despois de cada uso e comproba que os elementos como  filtros, gomas, que poida ter a cafeteira esta en  bo estado.

En cafeteiras como a expreso imos comprobar ademais que todos os elementos estean en perfectas condicións para obter un gran café, a presión, o tempo de paso, a temperatura da auga sexan as adecuadas.

Manteremos sempre limpa e en perfecto estado de revista a nosa cafeteira.

 

10º O café con leite sen leite fervendo por favor.

Quentar demasiado o leite é un erro moi frecuente.

Se a temperatura do leite supera os 75 graos centígrados estragarás o café. 

É moito mellor que utilices leite tépedo para evitar que se queime o teu café con leite, se isto ocorre, o seu sabor verase afectado.

 

11º O café sen azucre.

Sei que de todas as recomendacións que dou está será a que levante máis protestas.

Todos os baristas e tostadores de café coincidimos: o sabor do café hai que gozalo sen aditivos.

O teu engadirías a un viño gran reserva gasosa, non verdade, pero non te cortas en poñerlle azucre ao teu café ata que fai illa.

De todos os xeitos, como sei que predico no deserto, a maioría dos galegos prefiren o seu café con azucre. 

Se pertences a esa maioría, procura cortarte un pouquiño coa dose de azucre ou outro tipo de  adozantes, a túa saúde e o teu café agradecerancho.

Por que dúas cousas che dígo o café sen azucre non engorda pero o café con dous sobres sí.

E as diferenzas de entre un café bo e malo se perden se levan uns canto gramos de azucre.

Ti mesmo querido cafeteiro toma a decisión que consideres oportuna.

 

Adozando o café con azucre.

12 Se non gozas do ritual de facer e beber café non obterás un bo café.

Volvemos sobre as présas se non queres gozar dun bo café comprate unha cafeteira de cápsula e prepara un café sen alma.

Pero se es cafeteiro de verdade preocúpate por comprar un bo café recentemente tostado en gran,  de mantelo en condicións óptimas, de dispoñer igualmente dunha auga de calidade, de moer o gran xusto antes de usalo ao grado de moenda que a cafeteira que vas usar necesita, e sen présas infusiona ese café polo método que prefiras nese momento.

Goza o café que obteñas.

 

Pola miña banda máis nada que contarvos.

Non vos esquezades de comentar, compartir, e preguntar o que estimedes oportuno.

Bo café.

Engadir un novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar se vostede é un visitante humano e previr envíos de spam automatizado.
Imaxe CAPTCHA
Introduza os caracteres amosados na imaxe.
▲ Superior