Café: Beneficios que debes coñecer se amas o café.

Home xovén mirando por cristaleira da cafertería

 

OS BENEFICIOS DO CAFÉ PARA O CORPO HUMANO

Os beneficios do café para o corpo humano foron moi investigados, e a día de hoxe cabe pouca dúbida sobre o asunto.

Non imos negar que o café ten luces e sombras.
 
Por outra banda exactamente o mesmo  que a carne vermella, os produtos probióticos ou calquera outro alimento que inxerimos os seres humanos.
Pero a medida que aparecen máis estudos parece máis claro que gañan as súas bondades fronte aos seus riscos.
Así a súa mala fama estudo tras estudo lonxe de verse confirmada foise diluíndo quedándollas nun murmurio en moitas ocasións sen ningunha base científica.
 
O primeiro que hai que dicir é que é un produto de orixe vexetal o que o achega moito pola súa composición a calquera das froitas e verduras que consumimos, ou quizá debería dicir, que deberiamos de consumir.
 
De feito o café é unha froita.
 
O café non deixa de ser a semente da cereixa da cafeeira, que así é como se coñece ao arbusto do que nace o noso gran preferido. Polo tanto, un froito e como tal debemos de consideralo.
A cafeína cos seus efectos estimulantes é o que o fai diferente doutras froitos.
Cafeína que como veremos ao longo do post tamén ten de feito efectos beneficiosos para a saúde.
 
O café é unha das bebidas máis consumidas do mundo, xunto co té, que casualidade ou non, ten tamén cafeína na súa composición, a famosa teína, é exactamente a mesma molécula que a  cafeína.
 
O feito de ser a bebida máis consumida no mundo provocou que sexa unha da bebida máis investigadas pola ciencia en canto ás consecuencias que ten o seu consumo na saúde dos humanos.
 

A cafeína e os beneficios que nos achega no café.

O seu composto principal, a  cafeína, é unha droga  psicoactiva con importantes efectos sobre o noso sistema nervioso.
 
Á cafeína atribúenselle numerosas propiedades, sendo a de ser un estimulante do sistema nervioso central quizá a máis coñecida.
 
A  cafeína é capaz de aumentar o  teu estado de alerta e concentración.
 
Nada máis tomar un café, a cafeína actúa no cerebro, bloqueando un neuro transmisor, a  adenosina, que fai que aumenten outras substancias como a dopamina ou a norepinefrina, que aceleran a actividade cerebral.
 
Cando realizamos actividades perigosas que requiren de moita atención, o café é un gran aliado, foi recoñecido ata polas autoridades competentes, como a Dirección Xeral de Tráfico, que  diante signos de fatiga ao volante recomenda descansar primeiro, e tomar un café ou outra bebida con  cafeína despois.
 
Son xa moitos os estudos realizados en humanos mostran que o café mellora varios aspectos da función cerebral:
  • A memoria.
  • O ánimo.
  • A vixilancia.
  • Os niveis de enerxía.
  • Os tempos de reacción.
  • A función cognitiva xeral. 

 Café: beneficios para a condución

 

Axúdanos a mellorar o rendemento físico

Tes efectos estimulantes do tecido muscular, tanto dos músculos lisos como cardíacos.
 
Moitos atletas toman varias cuncas de café antes de competir, xa que a cafeína aumenta os niveis de adrenalina. 
 
Esta hormona prepara ao noso corpo para un esforzo físico excepcional: fai que as células graxas descompoñan a graxa corporal, liberándoa como ácidos graxos libres, que usamos como combustible cando facemos exercicio.
 

Para os que vos preocupa o peso, a cafeína axúdavos a adelgazar.

 
Si, pola mesma razón que o toman os deportistas de elite, descompón a graxa en ácidos graxos que podemos utilizar como enerxía para o noso corpo.
 
A cafeína está presente na maioría de suplementos alimenticios que, suponse, axúdannos a adelgazar. 
 
É unha das poucas substancias naturais que axudan á queima de graxas.
 
A mala noticia, é que estes efectos positivos da cafeína van diminuíndo nos grandes bebedores.
 
Polo que encherte de café  non che vai axudar a adelgazar, máis se lle botas de azucre ate facer illa, advertido quedas.

Parece que reduce o risco de sufrir un infarto

É coñecido que a  cafeína aumenta a presión sanguínea, pero non aumenta o risco de desenvolver unha enfermidade cardiovascular, senón todo o contrario: parece que prevén os infartos.
 
É debido a que reduce a presenza de calcio nas arterias coronarias que son un dos elementos de risco no caso de que se acumule en exceso.
 

O café é unha fonte importante de antioxidantes.

No café non só hai cafeína.
 
Os  fenólicos, o ácido cloroxénico e as  melanoidinas que o converten ao café xunto a outras substancias de tipo mineral de orixe vexetal nun  magnifico anti- oxidante e ademais de outorgarlle propiedades  anti-inflamatorias.
 
Sabemos que os antioxidantes axudan a evitar o envellecemento das células.
 
Existen estudos que din que boa parte dos antioxidantes que chegan ao corpo en poboacións adultas fano en maior medida a través do consumo de café máis que o de froitas e verduras.
 

 Café, beneficios para a saúde humana

Outro beneficio do café é que reduce o risco de padecer algúns tipos de cancro.

A presenza elevada de antioxidantes no café podería explicar por que parece ser tan positivo tomar café para algún tipo de cancro.
 
Coñecida é a protección do consumo de café proporciona para o caso de cancros como o de fígado ou ril.
 
Existen estudos que relacionan unha menor incidencia no cancro de colón entre consumidores de café segundo a Sociedade Americana de Nutrición, que determinou que esa redución non se daba co descafeinado, polo que dá a entender que neste caso é a cafeína o elemento vinculado á diminución de risco de padecer este tipo de cancro.
 
 
Ollo aquí que os suecos adoitan tomar o café filtrado polo que adoita ser un café tipo americano moito menos concentrado que o noso café expreso.

Outro beneficio do café é que diminúe o risco de padecer diabetes

A diabetes de tipo 2, a máis frecuente, pode previrse cuns hábitos de vida saudables: mantendo un peso correcto e facendo exercicio.
 
Diversos estudos mostraron que a xente que consume café ten un risco entre un 23 e un 50% menor de padecer diabetes. 
 
Hai investigacións que elevan este efecto ata un 67%. 
 
Mediuse o efecto pero aínda non sabemos por que o consumo de café e quen de protexernos desta enfermidade, pero hai suficientes investigacións para afirmar que o café parece previr a aparición da enfermidade.

Protexe o noso fígado contra a  cirrose

Combinar licores con cafés, ou apostar polo  carajillo, non che vai a librar de padecer a doenza se non bebes con moderación, pero parece que a xente que bebe máis de 4 cuncas de café ao día ten un 80% menos de posibilidades de padecer a doenza.
 
Doenza que para ser xusto con quen a padece temos que dicir que non só relacionada co exceso de bebida  senón que puiden aparecer como consecuencia de enfermidades como a hepatite.

Diminúe a posibilidade de sufrir enfermidades neurodexenerativas

O envellecemento da poboación multiplicounas estas enfermidades como o alzhéimer ou o párkinson.
 
Diversos estudos mostran que os bebedores de café poderían ter un 65% menos de posibilidades de padecer alzhéimer, e entre un 32 e un 60% (segundo os estudos) de sufrir párkinson.
 
Neste caso parece igualmente que é a cafeína é a principal responsable, xa que os bebedores de descafeinado non mostran ningunha vantaxe.

Outro beneficio do café é que parece combater a depresión.

Segundo publica a revista Arquives of internal medicine, o estudo lonxitudinal desenvolvido polos departamentos de Nutrición e  Epidemioloxía da Escola de Saúde Pública da Universidade de Harvard, constata que o risco de sufrir depresión diminúe cando aumentamos o consumo de café con cafeína.
 
En comparación coas mulleres que consumían unha cunca ou menos de café con  cafeína por semana, o risco relativo de depresión foi de 0,85 para os que consumen 2 a 3 cuncas de café por día. 
 
A cifra baixou ao 0,80 para quen tomaba catro cuncas ou máis ao día. 
 
O que suxire que o consumo de café pode actuar como un factor protector para a prevención primaria do trastorno depresivo. 
 
O estudo non atopaba estes efecto positivos no descafeinado polos que parece que a cafeína parece que volve ser a responsable deste efecto.
 
 O café provoca dificultades co soño
 
Como contrapartida a estes beneficio o café cóbrase unha peaxe, mantennos espertos por máis tempo, o que pode provocar trastornos do soño. 
 
Por iso a maioría de expertos recomendan non tomar máis de tres ou catro cuncas ao día.
 
Non obstante a influencia do café sobre o corpo humano e a saúde non vai depender só do consumo moderado.
 
O seu  impacto  sobe o organismo vai depender de como cada un de nós metabolizamos a cafeína e  os outros compoñentes do café.
 
Por outra banda  a variedade arábica ou robusta; a orixe do café; o grao de tostado e a súa intensidade; a elaboración do café: filtrado, expreso, etc; o tipo de tostado natural ou  torrefacto, e sobre todo a calidade do café poden influír na súa composición final, e afectar dunha maneira ou outra en como incide no organismo.
 

Engadir un novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar se vostede é un visitante humano e previr envíos de spam automatizado.

Director del Proyecto : Federico Asorey Consultoría e-Commerce
© Copyright 2020