Café ecolóxico de Cafes Sabora 100 % Arábiga.
Café orgánico cultivado ó modo tradicional en zoas de Perú o México tratado soamente con produtos naturais.
A súa produción é respectuosa co medioambente, e o resultado, un café Ecolóxico da variedade arábica
En cunca ten suavidade nos seu sabor e un grado de acidez moderado.
As súas características son un sabor doce, un corpo bo, e crema de cor marrón , non che deixará indiferente cando o teñas en cunca. Tes un producto similar en descafeinado por se no podes tomar ou non gustas da cafeina, e o noso descafeinado ecolóxico .
O proceso deste Café cumpre estritamente coa normativa de seguimento que se existe para tódalas fases de produción dun café ecolóxico tamén coñecido como café orgánico.
Conta con varias certificacións internacionais que apoian o Café Ecolóxico como o Narturland de Alemaña, o IMO control de Suíza, ten un certificado de café de sombra (Bird Friendly), para un segmento de mercado moi reducido que valor a produción en harmonía cos paxaros, e certificación JAS para ventas exclusivas no Xapón.
Ademais claro de cumpriren toda a normativa Española e Europea para a venta de cafés ecolóxicos ou cafés orgánicos.
Distribúese en paquetes de 250 e 500 gr.
Se che apetece ter un café ecolóxico ou orgánico de gran calidade na túa tenda, fai unha pausa e… chámanos ou contacta connosco.