Café en gran: 2 Razóns para preferilo ao café moído

Café en gran recentemente torrado

O café en gran é a mellor opción á hora de seleccionar a forma en que o café debe de chegar á túa casa.

No post explicarémosche as dúas razóns fundamentais para comprar café en gran.
 
Cafés Sabora pon á vosa disposición o café en gran e tamén o café moído, pero sempre recomendaremos que vos levedes o café en gran a casa.
 
Se es un hostaleiro profesional entón con máis forza e razón aconsellámosche que o teu café sempre o leves en gran, os teus clientes agradecerano.
 

Un par de razóns para preferir o café en gran ao moído

duas razóns poden parecer poucas pero son razón de gran peso.

Cales son as razóns para que teña que levar o café en gran e despois teña que pasar o traballo de moelo, xusto antes de ser servido.  É máis, compénsame facer este esforzo?
 
Na nosa opinión o esforzo sempre compensa se es un particular, e pasa a ser obrigatorio, se es un profesional que serve cafés no seu establecemento.

A razón fundamental é unha o café perde moi rapidamente os seus características un vez moído.

As condicións organolépticas permanecen máis tempo intactas nun café en gran que no café moído.

A diferenza de tempo entre o que aguanta o aroma e o sabor dun café en gran fronte ao café xa moído é moi importante.
 
O café moído empeza a perder aromas e sabores inmediatamente despois de que o moamos, aos quince minutos xa perdeu unha parte considerable dos aromas e sabores que che achegaría ese mesmo café en gran.
Se compras café moído inevitablemente estás a comprar un café de menos aroma e sabor que se compras ese mesmo café en gran e móelo xusto antes de facer a súa infusión para ser servido.
Esta é a razón pola que todos cafetería que se prece ten un bo muíño para moer o teu café xusto antes de facer un café expreso.
 
Así un café moído aguanta uns poucos minutos o café en gran aguanta días, mesmo semanas se está ben envasado e gardado correctamente.

A razón pola que o café ten este comportamento de perdida de calidade máis rápida no café moído, é porque ao moelo increméntase a superficie de contacto co aire e se oxida máis rápido, perdendo así os seus aromas, e para un cafeteiro é moito máis interesante que os aromas cheguen á auga que usas para preparar o café que non que os perda no aire sen máis.

Grans de café para moenda

Sendo a razón fundamental non é a única: Cada cafeteira que uses para preparar o café esixe un grao de moenda determinado.

Non necesitas o mesmo grao de moenda para facer un café expreso, un café en cafeteira italiana, un café por filtrado en chemex ou cono, en prensa francesa, nunha cafeteira expreso, etc.
 
Polo que se compras un café moído só poderá facer cunha certa calidade un tipo de cafeteira, no resto será imposible.
 
Por exemplo, se te compras un café moído nunha tenda ou supermercado, o moído estará, no mellor dos casos pensado para que vaia ben cunha cafeteira italiana, ou cunha cafeteira eléctrica de filtro. 
 
Pero se o produto non cho di expresamente non saberás exactamente que moído está pensado o produtor dese café.
 
Polo que, por exemplo, se tes unha cafeteira expreso en casa, posiblemente o moído do café comercial sexa moi groso para o teu cafeteira expreso, xa que este tipo de cafeteiras requiren un moído moi fino.
 
Pero tampouco poderás facer unha café nunha cafeteira de prensa francesa onde o moído do café comercial é demasiado fino para facer un bo café de presa francesa.  A prensa francesa require dun moído máis groso do café.
 
Evidentemente cun café en gran poderías facer un café perfecto sexa cal for a cafeteira que utilices xa que podes moer no grao de moenda adecuado á cafeteira.
Lembra que ademais terás todo o aroma e sabor do café recentemente moído.
 
Se es un profesional da hostalería interesado no mundo do café una das recomendacións principais é que te fagas cun muíño de moas, na que poidas regular a intensidade do moído para o tipo de cafeteira  que vas utilizar.
Na medida do posible utilizar muíños de moa que moen o café por presión, e non muíños de aspas que o fan por movemento do aspa, xa que achegan calor por rozamento ao café que moe e poderían afectar ao momento de tostado do café.
 Café moído fino para cafeteira expreso en culleriña
 
Para casa podes atopar muíños de moas manuais bastante económicos, iso si che tocará pasar un par de minutos virando a manivela antes de cada café.
 
Só ocórrelleme unha razón para comprar un café moído, e é que onde vaias non teñas a posibilidade de moer ti o café, e aínda así hoxe en día tes a posibilidade de comprar muíños manuais que meter na túa mochila que ocupan pouco.
 
Un elemento importante é comprar o café fresco, cunha data de envasado próxima á compra, xa que aínda o café en gran cuxa calidade permanece durante máis tempo, non é eterno e debe de consumirse nunhas semanas da data de compra.
Así que un café en gran recentemente tostado canto máis se é arábica 100% ou un blend maioritariamente arábica é a nosa recomendación para gozar de todo o aroma e  sabor dun café.
Como ves dúas boas razóns para que te decidas por un café en gran e non moído para preparar os teus cafés.
 
 Espero que che gustara o post. Un bo café en gran e un mellor día.

 

Engadir un novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar se vostede é un visitante humano e previr envíos de spam automatizado.

Director del Proyecto : Federico Asorey Consultoría e-Commerce
© Copyright 2020