Café en Málaga, a terra dos 10 tipos de cafés.

Cafés en Málaga azulexos do café central

Como pedir un café en Málaga e acabar tomando o café que realmente queres?

Se es malagueño xa coñecerás o café que che gusta e como pedilo.
 
En caso de non seren malagueño, gustes do café, e váias a pasar por alí ler o post será imprescindible para ti.
 
Existe un café de visita obrigada en  Málaga, o Café Central, cuxo método de preparar o café foise estendendo e chega non só a toda Málaga capital, cidade dun millón de habitantes, senón que é o que se utiliza en case toda a provincia.
 
Si amigos da forma de pedir un café neste local, e por extensión en calquera local de  Málaga, tes que ter unha mente  avezada en dominar as proporcións matemática de café e leite, a un nivel de experto.
 
A clave aquí está en atopar a proporción exacta de leite e café que vaia cos teus gustos e/ou necesidades do momento en que os pides.
 
E esta proposta dos locais malagueños é certamente intelixente por que cando dominas o sistema sempre vas tomar un café con proporcións moi exactas sobre as cantidades de café e do leite que estás a buscar ou necesitando no teu café.
 
Así que aprender a pedir café en Málaga é un reto dos máis divertido e por que non dicilo aromático, e o que é mellor, ou peor segundo se mire, é que cando saias da cidade botaralo de menos.
 

Málaga

Como xorde a nomenclatura do café en Málaga.

Como tantas outras historia do café existe unha persoa con nome e apelidos responsable da forma de nomear os cafés en Málaga.
 
Este non é outro que Don José Prado Crespo dono do café central nos anos cincuenta do século pasado.
 
O café na posguerra española, era escaso e caro.
 
Unha vez feito o café os clientes pedían, ou ben un pouco máis ou ben un pouco menos de leite e ou café, o cal facía que en moitas ocasións tivese que preparar outro café e tirar o sobrante. 
 
Con considerables perdidas para o local, xa que ata o momento de sacar o seu sistema á luz, o cliente pedía o nivel de café ou de leite sinalando co dedo.
 
Método este último, o do dedo, bastante impreciso.
 
Don José púxose coa mellor das vontades para ordenar tan dispares gustos dos seus clientes con respecto ao café.
 
Don José quería facer un cartel que axudase aos clientes para decidir exactamente que proporción de café e/ou de leite querían.
 
 
Cafés en Málaga
 

O café en Málaga

Así organizou un sistema no que se reduce paulatinamente as proporcións de café no preparado e aumenta as de leite:
  • Café Só (solo). Un café preparado cun 100% de café sen nada de leite.

  • Café Longo (largo). Este segundo tipo inclúe un 90% de café e tan só un 10% de leite, o que equivale ao clásico café cunha mancha de leite.

  • Café Semilongo (semilargo). Preparado cun 80% de café, xunto co Café  entrecorto forman unha parella que son realmente malagueñas e sempre resultan exquisitas.

  • Café Só Curto (solo corto). Este tipo de café non chega a ser metade e metade pois a proporción de café nel é dun 60% e de leite un 40%.

  • Café Metade (mitad). Este si é o auténtico 50% & 50% de café e 50% de leite.

  • Café Entrecurto (entrecorto). O Entrecorto malagueño elabórase cun 40% de café e un 60% leite. 

  • Café Curto (corto). Se che gusta o café máis ben crariño pero que non saiba en exceso a leite o Café Curto debe ser a túa elección debido a que inclúe un 30% café e un 70% de leite.

  • Café Sombra. Tan  icónico como o que vén a continuación, pedir un Sombra en Málaga é elixir unha bebida que contén tan só 20% de café e unha boa proporción de leite (80%).

  • Café Nube. Con algo menos de cantidade de café do que se inclúe no Sombra, a Nube en Málaga prepárase cun 90% de leite e tan só un 10% de café, é dicir un vaso de leite manchado de café…

  • Café Non Mo Poña. Este é sen dúbida o máis divertido porque, como ben indica o seu nome, inclúe un 0% de leite e un 0% de café.

Parece ser que este último café engadiuno cando xa tiña decidido os outros nove cafés.
 
Andaba Don José matinando no décimo café para que o cartel queda redondo,  pero faltáballe un para completar un cartel con cafés pares.
 
Co seu bosquexo andaba preguntando aos clientes que por aquelas datas poboaban o local: que café cres ti que me falta?
 
Sen obter resposta satisfactoria. 
 
Finalmente un dos seus camareiros o que resolveu a dúbida do xefe, contestoulle: Don José o que lle falta é o «non mo poña». 
 
E así foi como Don José, ao que lle encantaban as bromas, completou o seu Cartel de con os dez cafés que perviven a día de hoxe.
 
 
 
 

Como se estendeu por Málaga o costume de nomear así os cafés?

Málaga é capital de provincia, tarde ou cedo calquera malagueño tiña que pasar pola capital para solucionar calquera tramite administrativo.
 
E pasar polo central para tomar un café era unha tradición.
 
Así que a forma de solicitar o café en está  cafetería foise popularizando.
 
Ata tal punto que un dos máis famosos obradoiros de torrado de café de  Málaga, Cafés Santa Cristina, pediu permiso a don José para utilizar unha versión do seu cartel na súa publicidade da empresa de tostado de café.
 
Como queira que este si llo deu, con esa idea o  tostadero levou a cabo unha popular campaña de publicidade na zona que contribúo sen dúbida a fixar os nomes dos cafés en Málaga.
 
Ata converterse no sistema dominante de pedir café esta zona.
 
O café central é un negocio familiar que aínda podes visitar en  Málaga ao que temos que recoñecer que soubo apostar por un equilibrio nas proporcións de café e leite tan perfecto que aínda hoxe séguense utilizando.
Así que aínda non sendo poucas as virtudes da cidade para merecer unha visita o seu peculiar sistema de clasificar os cafés sen dúbida súmase como atractivo para incitar a coñecela para os que como eu amamos o café.
 
Na túa zona ou cidade como nomeades os cafés ?

Engadir un novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar se vostede é un visitante humano e previr envíos de spam automatizado.

Director del Proyecto : Federico Asorey Consultoría e-Commerce
© Copyright 2020