Café moca: que tipo de café é e como preparalo

Cunca  de café moca

O café Moca é un café con leite un pouco especial.

O café moca é unha variación do Capuchino, por tanto de orixe italiana, feito con  café expreso, leite vaporizada e chocolate.
 
Ao café moca tamén se lle coñece como "café moka", "café moccha".
 
Fáise cun expreso que é un terzo do café moca que estamos a preparar, e dous terzos de leite vaporizada, culminando o café con chocolate moitas veces en forma de  xarope de chocolate e noutras ocasións en forma de cacao en po.
 

Un par de aclaracións terminolóxicas sobre o termino moka no mundo do café.

 
Non confundir co café de cafeteira Moka tamén coñecida como cafeteira italiana, que moitos de nós temos en casa para facer o café da mañá.
 
O café  que usamos no café moca non procede da elaboración do café en cafeteira italiana senón de cafeteira expreso.
 
Doutra banda tampouco estamos a pensar no café moca que toma o seu nome da cidade costeira do mar Vermello en Iemen, en árabe Al-Mukhā galeguizado a Moca, que xa no século XV era unha importante localidade exportadora de café. 
 
Por extensión chámase tamén moca a un tipo de gran de café procedente desta cidade e que lembra ao cacao, de onde pode vir a asociación co nome de moca deste café que é mestura de café e chocolate. 
 
Como vedes o termino moca é moi polisémico no mundo do café.
 
Nalgúns lugares de Europa o "café moca" pode ser simplemente o café elaborado con grans desta zona de  Africa.
 

Quede claro pois que con Café Moka referímonos á forma italiana de prepara este café con chocolate e leite.

 
Podédelo atopar nomeado como "moka", "café moccha", "mocaccino", ou mesmo "mocha" ou "mocachino" todas elas formas de nomear a este tipo de preparación do café.

Ingredientes para facer un café moca

  • Un Café expreso

  • Leite fresco

  • Cacao en po 

  • Xarope de chocolate con leite ou negro, segundo o gusto.

Unha variante moi común é o Café Moca Branco, feito con chocolate branco en lugar de negro ou con leite. 
 
café moca proporcións
 

Preparación del café Moca:

 
Como calquera café con leite o Café Moca require que se faga como base un gran café expreso.
 
  1. Por tanto utilizaremos un café arábica ou un blend cunha gran porcentaxe de arábica.

  2. Fresco, é dicir, que fose tostado recentemente

  3. Moéndoo fino o café xusto antes de facer o expreso. 

 
Ollo non queremos que o café sexa po non pode chegar nunca á textura do talco. 
 
A moenda ten que ser fina para conseguir que a auga entre en contacto coa maior parte de café posible e así se realice a extracción rapidamente.
 
O café expreso extráese nuns 25 segundos se o moído non é correcto o teu café terá defectos.
 
Calquera dos Cafés Sabora, un Ecolóxico Arábica 100%, un Café Arábica, un Gran Orixe ou un café Negro Selección, se che gusta o café máis corpo, serán ideais para un café moca.
 
O paso seguinte é quentar leite fresco formado escuma, co vaporizador da cafeteira expreso.
 
Recubrimos as paredes da cunca na que o vaiamos a servir o moca co xarope de chocolate, que pode ser con leite ou negro en función dos nosos gustos.
 
Outra opción é  verter cacao na cunca e mesturalo cun pouco de auga ata que se disolva.
 
Sexa cal for a opción elixida  vertemos o café na cunca co xarope de chocolate, ou ben o cacao disolto, e removemos ata que o café e o chocolate mestúrense uniformemente.
 
Despois vertemos o leite vaporizado asegurándonos de que a escuma queda na parte superior do café ao estilo do café capuchino.
 
Para decorar utilizaremos cacao en po ou xarope de chocolate en función do noso gusto.
 
Basicamente este é o café que un barista che servira se pides un café moca nunha cafetería.
 
Podes pedir un café moca branco en lugar de chocolate negro, ou chocolate con leite, o barista empregará chocolate branco.
 
Ou mesmo un moca branco e negro, ou cebra, que combina chocolates negros e brancos.
 
Nalgúns locais atoparás que che serven o café moca con azucre espallado por enriba como detalle decorativo e para dar sabor.
 

 
 
Existe un café moi parecido no canto a preparación, tamén de orixe italiana:
 

Non confundires o café moca cO marocchino.

 
O marocchino faise:
  • Colocando un anaco de chocolate negro ou con leite nunha cunca.

  • Engádeselle o expreso sobre o chocolate para  derretelo.

  • Agrégaselle cacao en po.

  • E un pouco de escuma de leite. 

  • Pódese decorar con máis cacao en po e azucre morena ou mesmo un par de grans de café.

Como ves moi similar ao moca pero utiliza moito menos leite na súa elaboración.
 
Nalgunhas ocasións estas preparacións tenden a solaparse e podes atopar preparacións que mesturen estes dous conceptos.
 
De feito moitos substitúen o xarope de chocolate polo cacao en po nas preparacións de cafés moca no que parece unha clara influencia do morocchino na forma de preparar o moca, polo menos no que era habitual nas cafeterías americanas ata non hai moitos anos.
 
Se che gusta o chocolate e/ou o cacao tes que probar o café moca, unha forma divertida de tomar café.
 
Un abrazo querido lector e que o bo café che acompañe no camiño.
 
Probaches o café moca? En que locais che gustou máis?

 

Tamen che pode interesar

A moka, cafeteira que cambio a forma de tomar café

Capuchino: todos segredos deste café global ao descuberto

Que é un café flat white, e como se prepara

Que é un café latte e en que se diferencia doutros cafés

 

Engadir un novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar se vostede é un visitante humano e previr envíos de spam automatizado.

Director del Proyecto : Federico Asorey Consultoría e-Commerce
© Copyright 2020