Café xeado: Cando a calor aperta.

Café xeado

Falamos sobre o café xeado ou quizais sería mellor dicir sobre distintas formas de tomar uns grandes cafés xeados.

O termómetro esta a disparar e a calor comeza a apertar, ese típico café quentiño que tan a gusto te tomas no outono, ou no inverno comeza a non ser recibido polo teu corpo co mesmo gusto.
 
Pero ti queres a túa dose de felicidade diaria e non estás disposto a abandonar o café por moito que xa non che apeteza o café con leite quentiño.
 
Non desesperes tes opcións moi interesantes para tomar un café xeado.
 
Isto que che pasa a ti agora pasoulle a moitos amantes do café antes que a ti en moitos lugares do mundo por iso existen tantas versións de como tomarse un café xeado.
 
Tantas son que o post se convertería nun libro senón nunha enciclopedia, así que se o teu preferido non aparece, tes os comentarios para deixarnos a receita, anímate.
 
Existe persoas que toman este tipo de cafés xeados en calquera momento do ano mesmo como aperitivo, mesmo algúns deles poden cumprir perfectamente esta función
 
Café xeado cando a calor aperta.
 

O café Xeado.

Máis que de café xeado falaremos de cafés xeados por que che exporemos uns cuantos e moi variados cafés xeados.
 
Empecemos pola versión máis sinxela dun café xeado de toda a vida polo menos no noso país.
 

 

O Café con Xeo.

Café só expreso cunhas rochas de xeo.

  • Preparas o expreso ou o pides no teu local favorito.
  • Unha vez o teñas vérteo sobre as rochas de xeo.
Outra variante son os cafés con leite e xeo, que é facer o mesmo proceso que o anterior pero cun café con leite.
 
Aquí dúas recomendacións para preparar cafés con xeo:
 
1º Se vas utilizar azucre vérteo e revolve o café antes de botar o café no xeo.
 
Se non o fas o azucre non se mesturará co café ou polo menos non o fará na medida que ti quererías. É un precaución básica se vas tomar calquera café xeado, engadir o  azucre ao teu café antes de enfrialo.
 
2º Un truco para evitar o principal problema deste tipo e café, que non é outro que tende a augarse moito cando o xeo vaise disolvendo ao mesturalo co café.
 
O ideal sería conxelar café previamente obtido en forma de rochas, así cando os mestures no café que vas tomar  consegues quen non se augue tanto como se fose unha rocha só de xeo.
 
Iso si deixa arrefriar o café antes de convertelo en rochas de xeo con café.
 
De todos os xeitos non botes o café recen feito deixa que se tempere un pouco antes de vertelo no xeo.
 
 
café con xeo
 

 

 

Un café con Tónica ou Café-Tonic.

Aínda que aquí polo menos nalgunhas zona de España de toda a vida no verán tomouse café con xeo ou algunha versión refrescante como o café con gasosa ou tónica.
 
Esta última fíxose pasar por invento hipster cando algúns no seu pobo deron con esa mesma idea antes de que calquera Hipster peitease barbas.
 
Si é certo que igual non coa sofisticación que imos ver.
 

Café-Tonic

A este refrescante café utiliza tónica e café frío para darnos un combinado ben sorprendente.
 
Para facer recoméndase un café con toste lixeiro ou medio que faga destaca máis os sabores froiteiros, florais, e a herba.
 
Sabores que combinan perfectamente coa tónica.  
 
A tónica é un refresco a base de auga carbonizada, ácido cítrico, azucre e quinina.
 
Que ademais permite que a infusión de café arrefriado directamente sobre xeo teña unha temperatura e densidade distinta que a tónica e por iso podes crear dúas capas diferenciadas. 
 

Os 5 pasos para crear o teu “café- tonic”:

  • Prepara nunha xerra 200  ml de café de filtro e despois deixas arrefriar, e mételo na neveira ata que o café estea realmente frío.
  • Pon 3 cubos de xeo no vaso de cristal.
  • Verte 100  ml de tónica no vaso, coa axuda dunha culler, deixando caer a tónica sobre o lado cóncavo, e dicir, ca culler cara abaixo.
  • Con coidado, verte os 100  ml de café frío encima da tónica.
Primeiro  podes probar só o café, despois proba a tónica pola palla, ao final remove todo e goza do teu “café-tonic”.
 
 
Os italianos teñen o seu café shakerato e para os gregos o café frappé, non te deixes enganar polo nome, o café frappé é grego polos catro custados.
 

Que é o café shakerato? 

Como o nome xa permitiría adiviñar aos que falades italiano que a cousa é tan sinxela como un café con xeo axitado en cocteleira e servido nunha copa ou vaso o máis bonito posible.
 
A graza do invento está non só en que arrefríamos o café cos xeos, senón conseguimos xerar unha considerable cantidade de escuma que se xera cos meneos que damos ao café na  cocteleira.

 

Como podes facer un café shakerato.

  • Tres ou catro xeos dos bos, se deses que non se  derreten con só miralos.
  • Un café máis ben forte, expreso ou moca, para compensar o feito de que o café se vai a augar, sempre podes utilizar o truco de conxelar café previamente preparado.
  • Botamos o azucre, antes de mesturar o café no xeo, no xeo.
  • O vertemos na cocteleira con gañas e forza axitamos esa cocteleira, aproximadamente ata que as mans empécense a conxelar ou ben nos doian os brazos, o que ven equivaler a un o dous minutos.
  • Se queres realmente quedar como un campión podes decorar cun par de grans de café, un pouco de cacao, canela ou o que teñamos a man na copa. 
Sérvese sen o xeo só o café axitado, sen o xeo.
 
A partir desta receita base podemos improvisar todo tipo de condimentos (un pouco de  Baileys ou algún outro licor séntalle moi ben), probar con café cun pouco de leite ou crema, ou suavizalo cun pouco de xeado, etc, etc.
 

 

Café Frappé

Un primo irmán moi próximo do anterior é o café frappé grego, que popularizou o mundo unha cadea de cafeterías co logo en verde que o bautizo como Frapuccino.
 
Orixinalmente fai-se con café instantáneo e xeo, pero existen moitas variantes e formas de entender o frappé.
 
Para non facer moi longo isto podedes ler o noso post  Frappé: Que é, como se elaboran e cal é a orixe deste café.
Iso si ímosvos dar un par de receitas sinxelas para facervos un frappé en casa.
 
cafe frappe
 

Como facer Café Frappé Mocca

  • Preparar a mestura de 100  ml de café.
  • 50 ml de leite.
  • 2 cuncas de xeo.
  • E 10  grs de cacao en po.
Triturar todo a máxima potencia na batedora.
Pódese decorar con nata montada e cacao en po.
 

 

Café Frappé con Doce de Leite

  • Preparar a base con 100 ml de café
  • 50 ml de leite
  • 2 cuncas de xeo
  • 30 ml de doce de leite.
Triturar todo a máxima potencia.
Servir e engadir nata montada e un pouco de doce de leite algo líquido (pasado polo microondas).
 

 

Un par de  combinados con café xeados que che van a encantar.

  • Preparas un café ben cargado.
  • 100 ml de café.
  • 50 ml de leite
  • 2 cuncas de xeo
  • E unha bóla de xeado de vainilla. 
 
Deixas arrefriar e vertes o café no vaso da batedora, xunto coa leite , as dua cuncas de xeo e o xeado de vainilla  
 
Unha vez que estea todo ben mesturado pódelo servir nun vaso con xeo.
 
Outra opción é que  podes meter o xeo na batedora igualmente, se aguanta picar xeo, é conseguir un café tipo frappé.
 
Un perfecto café xeado que podes incluso combinar con algún licor que lle poida ir ben.
 
Outra opción
Pos 375  ml de café frío
Medio litro de leite  semidesnatada
3 culleradas de chocolate  derretido
2 culleradas de azucre
Bastante xeo todo na licuadora. 
 
O tema consiste en mezclar todos os elemento e facer funcinar a batedora ata que alcance o punto frappé, xa o podes servir.
 
Se es amante do doce podes agregarlle un pouco de crema batida e xarope de chocolate. 
 
Sempre podedes deixar voar a imaxinación e facer café xeado ao teu gusto engadindo ingredientes sobre unha base de café.
 

Cold Brew 

Non quería terminar sen falar dos cafés Cold Brew que son cafés que se  infusionan directamente con auga  fría ou moi fría. 
 
Se queredes coñecer máis a fondo a técnica tedes a opción de ler "Como facer un café Cold  Brew ou café frío".
 
O seu único problema en conseguir un par de cuncas de café vai levar varias horas de infusións pinga a pinga ese café cunha cafeteira especialmente pensada para esta extracción. 
 
Ou utilizando algún cafeteira tipo prensa francesa para facer o café  cold  brew.
 
  • Bota o café coma se foses ha facer un café de prensa normal.
  • Pero neste caso en lugar de auga quente vas a poder auga fría, revolves ben o café coa auga.
  • Pos o émbolo da cafeteira sen baixalo, e metes na neveira entre 16 e 20 horas.
  • Despois dese período presionar o émbolo e xa ten o teu  cold  brew listo para tomar.

 
O divertido é atopar o que realmente che guste mantendo a premisa de que debe de ser un café xeado.
 
Bo café xeado e gaña o combate á calor do verán.

 

Engadir un novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar se vostede é un visitante humano e previr envíos de spam automatizado.
Imaxe CAPTCHA
Introduza os caracteres amosados na imaxe.
▲ Superior