Cal é o prezo do café nun tren europeo?

Café no vagón do transcantabrico  - Norte de España

Na miña opinión una das vantaxes de viaxar en tren é que ademais de cómodo e rápido, adoitas poder tomar un café no tren.

Pero cal é o prezo dun café tomado nun tren cando viaxas por Europa?

Tomar un café nun tren europeo ten unha dobre realidade, nalgúns países é certamente un prezo razoable e noutros non o é tanto.
 
Existen diferenzas de prezos nos cafés realmente importantes entre os trens dos distintos países.
 
Así en Polonia podes tomar un café no tren por menos de 1,50 e en Italia exactamente por ese custo póñenche un café so.
 
O certo é que se sobes a un tren irlandés a cousa multiplícase por algo máis de dous, o café custa alí tres euros e medio.
 
En Suíza chega a exceder os 4,2 euros o café que non triplica o prezo da súa veciña Italia pero aproxímase perigosamente para susto do noso peto cafeteiro e viaxeiro.
 
Anticipámosche que os datos nolos ten achegado moi amablemente Virail, que é un  comparador online de medios de transporte.
 
En Europa o transporte por ferrocarril está moi desenvolvido e é usado por moitos cidadáns en desprazamentos de curta, media e longa distancia pola súa comodidade e rapidez.
 
Así que nos pareceu moi interesante a súa infografía.
 
 

Que ocorre aquí co prezo do café so?

 
Terás que poñer sobre a mesa 2 euros para que che sirvan ese ansiado café.
 
O café que se serve nos trens de Renfe, a un prezo de dous euros, é o terceiro de menor prezo dos países europeos, tras os de Polonia e Italia. 
 
Ou ao menos o prezo é o terceiro máis barato entre os países que entraron no estudo realizado por Virail.
 
Polonia é o país máis  económico en canto a tomarse un café nos seus trens, en realidade  o prezo son 6 zlotys que equivalen a 1,4 euros, ao cambio.
 
Lembremos que aínda sendo Polonia un país da UE aínda non utilizan o euro como moeda.
 
Sempre é interesante comprobar o prezo doutros alimentos e refrescos para ver como está ese café de prezo en relación a outros produtos.
 
Unha cervexa sairía nun tren polaco a 2.3 euros, e un sándwich simple de xamón e queixo a 1,70.
 
Prezos bastante axustados para ter o cliente preso sen outra posibilidade que pagar o que se lle pide se quere un café ou algo para comer.
 
Entre as grandes economías da Unión destaca o prezo de café en Italia, apenas por encima do café polaco.
 
Aquí vese a tradición cafeteira do país onde é considerado un produto de primeira necesidade.
 
Tomar un café non sairá caro, pero amigo tomar calquera outra cousa si.
 
O prezo dun café só é de 1,5 euros e o do capuchino de 1,7 en  Treinitalia,  se o que pides e un cervexa van custar 4 euros, e un  Panini 4,5.
 

Como vai o prezo dos cafés nos trens do resto de Europa?

Lembremos o prezo do café nos trens españois , 2 euros por café, algo por riba do que che custaría nun bar ou cafetería galega.
 
A maior parte dos países europeos teñen os prezos dos cafés nos seus trens un pouco mási caros cos de RENFE:
 
En Suecia, Austria, Reino Unido, Alemaña, Francia o prezo varía entre as 22 coroas (2,15€) do operador estatal sueco e os 2,5€ da alemá Deutsche Bahn ou a francesa SNCF. 
 
No medio destes prezos situaríase o prezo establecido pola Österreichische Bundesbahnen de Austria para un café só, que son 2,2 €. 

trens

 

Que pasa co prezo do café se te montas nun tren no Reino Unido? 

Que o que vas pagar polo café vai depender moito do operador que escollas, xa que existen varias empresas competindo polo mercado desde que se liberalizou a mediados dos anos 90.
 
No caso do café, as tarifas máis baratas son as da London North Eastern Railway, que ofrece un  café só por 1,65£ (1,88€) inferior ao prezo do café nos trens españois.
 
O que situaría a esta compañía Britanica como a terceira máis económica para tomar un café so.
 
Na  ScotRail poderás atopar un café por 1,8£ (2,05€) practicante o mesmo que en España. 
 
Pola súa banda, a South Western Railways, a CrossCountry e ArrivaTrains Wales cobran os cafés a 2,30£, 2,61€ ao cambio que os sitúa a nivel de prezo da maioría de países europeos.
 

Que ocorre cos prezos en en os trens belgas ou holandeses?

Sinxelamente nada, non existe a posibilidade de tomar un café nos trens destes dous países, xa que non ofrecen este servizo.
 
Se es moi cafeteiro vas pasar mal nos trens da Holanda como Bélxica non contan con servizos de restaurante ou cafetería en os seus trens nacionais, tal e como confirman desde Nederlandse  Spoorwegen (NS-Países Baixos) e a SNCB/NMBS (Sociedade Nacional dos Ferrocarrís Belgas).
 
Así que mellor chegar con tempo de tomar o café antes de subir ao tren.
 
Sempre falamos de trens con rutas nacionais, en rutas internacionais como o de  Eurostar que conecta Bruxelas, París e Londres si poderás tomar un café.
 
Infografía café no  tren

En Irlanda e Suíza as compañías Irish Rail en Irlanda e a SBB Suíza, non se cortan á hora de ofrecer o servizo e cobrar por el.

Os pasaxeiros  terán que pagar nos trens de Irish Rail 3,5€ por un café só e 4,6 francos suízos (máis ou menos 4,02€) no coche restaurante da SBB. 
 
Se comparamos os prezos dun  café só en ambas as dúas compañías cos prezos da PKP polaca, a  mais barata de Europa, observamos que un expreso costa en Irlanda un 250%  mais que en Polonia, e un 287%  máis no país helvético.
 
Déixovos unha infografía que atopei sobre o prezo do café en diferentes capitais de países do mundo co prezo do cafés nelas pareceume interesante comparalo co prezo do café no tren.
 
Prezo docafé en Dólares en diferentes capitais do mundo

E o resto dos produto como van de prezo nestas dúas compañías?

Se o que apetece é tomar unha cervexa podes ir cunha Guinness por catro euros en Irlanda e un bocadillo por 5,95. 
 
Que comparándoo co prezo do café non parece moita a diferenza.
 
Nun tren suízo se o teu orzamento é axustado convén subirse xa coa comida feita, a cervexa sairache a 6,4 francos uns 5,58 euros, unha selección de queixos suízos chegará aos 26,4 francos, sobre uns 23 euros, e o café uns 4,02 euros.
 
Tomar unha táboa de queixos, unha cervexa e un café pode irse das mans con 32 euros de gasto total.
 
O dito amigos cafeteiros se non tedes un gran presupostos non decidades merendar na viaxe de tren que fagas en Suíza.
 
Que non se enfaden os veciños e amigos Portugueses, non é que nos esquezamos deles é que non temos os datos.
 
Así que se estiveches recentemente nun tren polas vilas, cidades e pobos do país veciño, e tomaches un café no tren non dubides de facernos saber cal é o seu prezo en comentarios.  
 
O mesmo digo para calquera outro país europeo ou non, se queres deixar os custos de tomar un café nun tren  en comentarios, agradecémoscho.
 
Por outra banda está o tema da calidade do café que vos ofrecen as diversas compañías, se queredes opinar sodes moi libres de facelo.
 
Viaxeiros e cafeteiros saúdos.

 

Engadir un novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar se vostede é un visitante humano e previr envíos de spam automatizado.

Director del Proyecto : Federico Asorey Consultoría e-Commerce
© Copyright 2020