Engadir un novo comentario

Que é un café latte?

 Cafés latte

un café latte?

Basicamente un latte no mundo do café é un café preparado con base un espresso e leite quentado ao vapor pola lanza a máquina de café expreso.
Caffè Latte:
1/3 de café expreso
2/3 de leite vaporizada
1 cm de crema de leite
As proporcións de café e leite, así como utilizamos o leite é a que os diferenza dos seus irmáns o café con leite e o café capuchino.
 
É un café de orixe italiana que en Italia noméase como caffè latte.

Ollo en Italia, un caffè latte é unha cousa e un "latte" sen máis, outra.

É un café de orixe italiana que en Italia noméase como caffè latte. Se vas a Italia debes de telo en conta.

Así que se o teu pides un latte en Italia o máis fácil é que acabes cun vaso de leite sen pinga de café.
 
Fóra de Italia se pides un latte poñeranche un café con leite nas proporcións indicadas de 1/3 de café  espresso e 2/3 de leite  vaporizada, cun centímetro de crema de leite.
 
Vexamos entón que é Café Latte, un dos tipos de café que máis confusión xeran.

Qué non é un latte.

O latte macciatto

Para poñer un pouco máis de confusión os italianos teñen o latte macchiato que non é outro cousa que un vaso de leite con medio tiro de expreso.
 
Si nesa orde, trátase de manchar un vaso de leite con medio tiro de expreso para darlle algo de aroma e sabor ao café.
Latte macchiato
1 Vaso de leite
1/2 tiro de café  espresso
  • Así que se queres un vaso de leite manchado de café en Italia terás que pedir un latte macchiato.

  • E se queres un café que sexa 1/3 de expreso e 2/3 de leite  vaporizada, cun centímetro de leite terás que pedir un caffè latte.

Latte Macchiato

Aclarado o concepto, non?
 

Aínda a risco de que vos comece a estalar a cabeza falaremos un pouco do macchiato.

Pero se xa falaches desto home?
Pois non, e ese e o problema, por que unha cousa é o latte macchiato e outra o macchiato.
Como quedas?
 
Café latte - latte macchiato - macchiato - capuccino

O macchiato

Tamén se coñece como espresso macchiato ou caffè macchiato. 
Machiatto
1 café espresso
1 pinga de leite quente facendo escuma.
Posúe un sabor moi forte. 
 
É unha das bebidas de café máis audaces que existen.
 
Ao contrario que o latte, no que o leite é o sabor máis forte, un macchiato pode describirse como un  espresso cunha pinga de escuma de leite quente.
 
Ponse unha pinga de leite para suavizar ao café, é un café cortado tal e como entendemos en moitas sitios da Galiza.
 
Por facer un matiz neste café e na maioría dos cafés en España téndese a facer o leite menos espumosa que en Italia.
 
Aínda que para non quedarnos con isto dentro dermos que noutras zonas un cortado acostuma a seren un café con leite pequeniño co 50% de café e o 50% de leite.
 
Que queredes que vos diga o  barismo non é unha ciencia exacta.
 
Neste caso ese cortado sería francamente diferente ao macchiato italiano.

Cal é a diferenza  entre un latte e un capuccino?

O capuccino é unha bebida de café espresso, leite quentado ao vapor e escuma. 
 
Que casualidade exactamente os mesmos ingredientes que un latte, a diferenza é a proporción para cada un.
Capuccino
1/3 de café  espresso
1/3 de leite  vaporizada
1/3 de crema de leite
Como vemos o cappuccino leva moito menos leite que o latte e o latte leva menos escuma que o cappuccino.
 
Ao contrario que o latte o cappuccino leva 1/3 de café, 1/3 de leite ao vapor, e 1/3 de escuma de leite, fronte  ao terzo de café e dous terzos de leite ao vapor que leva o café latte.
 
Leva moito máis escuma de leite que o latte.

Como a escuma de leite ocupa 1/3 do café o que se consegue é que o capuccino teña menos leite que o latte, xa que a escuma de leite achega moita menos cantidade de leite que o leite quente sen escuma.

Mentres que o cappuccino ten un sabor equilibrado e forte con máis presenza do café, o latte ten un sabor máis suave xa que o peso do leite é maior no balance final da cunca de café.

É O MESMO UN CAFÉ CON LEITE QUE UN CAFFÈ LATTE?

Aínda que caffè latte significa literalmente café con leite en italiano non é exactamente un café con leite, polo menos como o entendemos en España.
 
Na maior parte dos bares e cafeterías, un café con leite que che serven na Galiza pero non é realmente o mesmo.

O normal nun café con leite é que as proporcións de leite e café sexan as mesmas, é dicir, 50% de café e 50% de leite, para que sexa un verdadeiro café con leite á forma tradicional, pero pode variar segundo o gusto de cada persoa, local ou zona.

Iso si sempre servido nunha cunca máis grande que o café cortado.
 
O leite adoita ser menos  cremosa que no caso do caffè latte italiano.
 
Aínda que tamén vos digo que podedes atopar cafés con leite moi parecido ao latte italiano.
 

Pasos a seguir para preparar Caffè Latte:

Que necesito para preparar café latte?

  • Unha cafeteira expreso con válvula  vaporizadora. 

  • Café en gran de calidade cun muíño de café, xa sexa manual ou eléctrico.

  • A cantidade necesaria é de 7 gramos por cunca xa que imos imos preparar un café espresso

  • 170 ml de leite por cunca. 

Importante aclarar que dependendo do leite obtense diferentes resultados:
 
O leite con 2% de contido de graxa xera a mellor cantidade de escuma e outorga cremosidade, o leite desnatado se escuma moito máis fácil pero non é tan saborosa como as outras e o leite enteiro ao conter a maior cantidade de graxa fai que sexa a máis saborosa pero xerar a escuma é máis difícil.
 
Barista cun latte entre mans

Como se fai o café latte?

1º Moe os grans de café

Moer os grans de café para obter un moído fino, co teu muíño manual ou automático, xa que o café  espresso necesita este tipo de moenda.
 
O grao de moenda ten que ser similar ao do azucre ou sal fina para lograr a consistencia desexada á hora da extracción.

2º Colocar no  porta filtro o café moído

Colocar o café previamente moído finamente na culler porta filtro da cafeteira expreso e coa man nivelalo o máximo posible para logo compactalo co compactador.
 
É importante que quede nivelado así a presión da auga ao pasar polo café espresso aplica unha forza uniforme.

3º Quentar o leite para o café  latte coa lanza de vapor da máquina expreso.

Nunha xerra colocamos os 170 ml de leite e ca lanza da cafeteira expreso quentámola e xeramos a escuma. 
 
Cando se empecen a xerar burbullas xa podemos sacala. 
 

4º Elaboramos do café  espresso

Xa podemos colocar a culler porta filtro previamente preparada co café moído na cafeteira expreso. 
 
Configurámola ou aplicamos unha presión de 9 bares nas cafeteiras profesionais coa auga entre 88º C - 91º C aproximadamente. 
 
Facemos a extracción nuns 25 segundos para obter ao redor de 30  ml de café  espresso coa súa clásica escuma cor abelá.

5º Terminar o noso café  latte

Unha vez que teñamos o noso café espresso feito vertemos o leite que preparamos no terceiro paso deixando que caia primeiro a parte líquida e ao último a parte espumosa, para conseguir ese centímetro de escuma de leite típico deste tipo de café.
 
E xa esta listo para que goces un gran café latte.
 
Tamen che pode interesar:

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar se vostede é un visitante humano e previr envíos de spam automatizado.

Director del Proyecto : Federico Asorey Consultoría e-Commerce
© Copyright 2020