Diferentes tostes nos Cafes

Torrar  Café
A forma de torrar o café determina unha boa parte dos sabores, aromas e cores que se obteñen na túa cunca de café. 
 
O gran de café antes de poder ser usado na elaboración da túa cunca de café ten que ser torrado. 
 
Seguro que isto xa o sabias, pero o que non sei se saberás é que o proceso de torrado altera as características orixinais do gran.
 
Ós grans sen torrar que coñecemos co termino café verde, durante o proceso de torrado a cor do gran cambia, primeiro a unha cor amarelada posteriormente á cor marrón que todos identificamos como café xa torado.
 
O grao de torrado ten reflexo na cor dos cafés, así torrados fortes dan como consecuencia grans negros e tostados máis suaves dan lugar a tostados de diferentes tons de marróns ate chegar o canela nos máis claros.
 
O sabor do café vai modificándose igualmente co torrado do café, xa que o proceso libéranse aceites aromáticos que se saben aproveitar convenientemente realzan o sabor do café.
 
Nós poñemos especial coidado neste proceso que xunto co tipo de gran e a orixe do café van determinar o sabor e o aroma do mesmo.
 
Antigamente, torrabse o café nas estufas da casa, en lumes no exterior, ou mesmo en tixola.

 

Hoxe o tostado sofisticouse  utilizando máquinas  que permiten que saque o mellor sabor do café.

 

Do tipo de torrado depende moito o sabor final do café.

 
En Cafés Sabora apostamos sempre por torrar cantidades moderadas de café, cun control artesanal do proceso, para obter os mellores resultados no tostados de cada un dos nosos cafés.
 
Un torrado do café leve dá lugar a un sabor suave, un torrado medio saca do café un sabor redondo e un rico aroma, e un torrado forte constrúe un café forte e distintivo.
 
É función do mestre que tosta darlle o toque que saque as mellores calidades dos distintos tipos de cafés cos que traballa.
 

O nivel de torrados dos cafés

 
Os catadores de café teñen no nivel de tostado unha das tres propiedades básicas para determinar a calidade do café, as outras son a acidez e a propia calidade do café.
 
O nivel de torrado do café mide o grao de tostado dos grans de café. Se se tostou en exceso comeza a aparecer o sabor a café queimado. Se se tostou pouco poida que non saísen á luz todas as características que leva dentro do gran do café.
 
O toste do café é a parte máis crítica do procesamento do produto, xa que da pericia e a persoa que que fai o tostado depende a extracción do sabor e do aroma do gran de café. 
 
Nas grandes empresas do sector é un proceso automatizado e controlado por computador, nós apostamos por incluír no tostado do café o saber facer do especialista no torrado do café, a inclusión da parte humana no proceso de tostado permítenos sacar o mellor que cada gran pode darnos.
 
Estamos convencidos que nin o mellor ordenador pode superar a pericia e experiencia dun mestre tostando café.
 
Así un bo arábica non debe de ter un torrado intenso, un tostado máis suave axuda a preservar as características orixinais dun café aromático e saboroso.
 
Se aumentásemos o torrado aumentaría o amargor do café e o resultado final veríase seriamente prexudicado. 
 

A escala de torrados do café. 

 
Primeiro comentar que non existe unha única escala, nós imos utilizar unha escala que nos parece apropiada, pero existen outras:
 

Toste do café Lixeiro ou canela

 
A denominación de toste canela é debida a que é un  toste moi lixeiro onde o gran alcanza unha cor canela característico deste tipo de toste.
 
Dá lugar a un café con alto contido en cafeína e de sabor tirando claramente cara ao ácido.

 

Toste Americano do café:

 
A cor que adopta o gran co torrado é unha cor marrón non moi intenso, con el obtense unha maior caramelización que o caso do toste lixeiro, o café que se obtén ten un sabor acaramelado que é un aceno de identidade deste tipo de tostado de café.
 
Dá lugar a un café do mesmo xeito que o anterior con forte presenza da cafeína.
 
É moi común velo utilizado para cafeteiras que van usar filtro e en almorzos.
 

Toste do café medio escuro ou Toste vienés

 
Dá lugar a un café con corpo moi completo, un forte aroma e o seu sabor achégase ao doce.
 

Toste dobre, coñecido igualmente como toste continental ou ben toste francés 

 
O toste francés dá lugar a un café case negro e moi brillante, tratándose dun toste longo, o seu aroma intenso e o seu sabor afumado, eso sí máis amargo.
 
Toste italiano
 
Este é o grao de toste do café é o utilizado normalmente para tostar cafés que serán preparados en cafeteira expreso. 
 
O gran é o gran é acaramelado, negro e aceitoso.
 
Dá lugar a cafés de cor moi escura indica o alto grao de toste co que se extraen a maioría dos seus aceites esenciais.
 
Os cafés tostados así adoitan ter un baixo contido en cafeína.
 

En liñas xerais tóste dos fortes do café  máis fortes son típicos de zonas como España, Italia ou Portugal.

Canto máis ao norte da Europa occidental o toste do café é máis lixeiros e os cafés máis acedos.

 


 

Dependendo do tipo de café e do uso que o cliente vai a fai do café decídese o tipo de toste máis adecuado.

 

O café con tostado torrefacto

 
O tostado torrefacto é aquel tostado que engade no momento de facelo unha porcentaxe de azucre, ente o o 15 e o 20 % do peso do café. Se segues a ligazón do inicio do parágrafo poderás  obter máis información sobre este tipo de cafés.
 
Obtense un café recuberto dunha capa de azucre queimado, que á súa vez mata calquera posibilidade de obter un gran café.

 

O torrado do café, xunto coas mesturas ou a ausencia de mestura, e a calidade do gran son os tres elementos que máis inflúen no resultado final da elaboración dos cafés.

Como ves un mundo complexo, pero apaixonante. E a ti como gústache o café moi tostado ou pouco tostado? En que país probaches o mellor café?

 

Deixa os teus comentarios.
 

Se che gustou o post por favor compárteo en redes sociais, agradecémoscho.

Engadir un novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar se vostede é un visitante humano e previr envíos de spam automatizado.
Imaxe CAPTCHA
Introduza os caracteres amosados na imaxe.
▲ Superior