Infusións en Piramides
As nosas pirámides permitiranche explorar novas sensacións no mundo das infusións.
Farán voar a imaxinación do teu cliente a través das infusións de fervas dos nosos bosques, e de paraxes afastadas sempre buscando a infusión que o teu cliente necesita.
As pirámides son unha bolsas que lonxe de ser deseñadas así por capricho, fórono para facer que as follas, flores e froitos que conforman as distintas infusións dispoñan de de máis espazo.
Espazo que fai que as follas e as flores estean enteiras, e os anacos de froita poidan aparecer máis grandes.
O espazo é o que permite que despreguen todo o seu aroma e sabor nas cuncas dos teus clientes.
Podes elixir entre:
- Flores de Manzanilla
- Té Verde con Xasmín
- Follas de menta
- Roibos copacabana
- Té negro paquistaní
- Té negro Orange Pekoe
- Té verde Sencha con cereixas
- Roibos Relax
- Té vermello corpo do desexo
- Digest
- Té negro chocolate e menta
- Froitas do bosque
Unha selección de sabores pensados en exclusiva para a hostalería, presentados cun novo corte que permite sacar todo o aroma e o sabor da infusión que máis che gusta.

Fixemos unha selección pensando en abarcar todas as necesidades dos clientes máis esixentes. Non te quedes nos sabores tradicionais, ofrécelle ao teu cliente a infusión que se merece.
Se ademais de café necesitas infusións a que esperas, fai clic para pedir o produto ou amplia a información no 981 819 139.