Música para os moi cafeteiros

Cunca de café con crave de sol só para moi cafeteiros

Cafeteiro: Que lle gusta tomar moito café. 2ª acepción do diccionario da Rea Academía Galega da Lingua.

Pensando nesta acepción  de cafeteiro saímos hoxe co post Música para moi cafeteiros, onde unimos dúas das cousas coas que máis gozamos nesta vida: a música e o café.

O post é unha homenaxe ao delicioso festival Sinsal que se celebra todos os anos na pequena Illa de San Simón na Ría de Vigo, ao que só se pode asistir cruzando en barco ata a illa.

 

 
Festival no que participamos desde que comezou ofrecendo o único que podemos ofrecer nun festival así aos moitos e bos cafeteiros que visitan o festival, o noso café.
 
Así que amigo cafeteiros imos gozar dunha serie de cancións de moi diverso tipo de música que teñen como nexo común que teñen ao café como eixo fundamental das obras.
Como por algún sitio temos que empezar empezaremos  por unhas  cancións en español, despois cancións populares  en inglés e terminaremos cun fin de festa adicado a una das nosas bebidas tradicionais, o licor café.
 

"Ojala que chueva café en el campo" de Juan Luís Guerra.

 
A canción reflicte moi ben a importancia do café para amplas zonas rurais de Santo Domingo e outros estados do centro e sur de America.
 
Todo o sabor e o ritmo da zona, nunha canción que polo menos en España debe de ser das máis coñecidas.

"Ay mama Ines" interpretada pola "Bola de Nieve"

Un clásico da musica sobre o café, é posible que non teñas oído na súa totalidade pero resúltame difícil de crer que non coñezas o seu retrouso.

 

"Ay mamá Inés, todos los negros tomamos café", foi un un gran éxito en Cuba de onde se estendeu por todo o mundo. A canción é un tango-congo foi composta por Eliseo Grenet como parte dunha zarzuela chamada A Nena Rita ou A Habana de 1830.

Johnny Cash - A Cup of Coffee

Cash foi coñecido pola súa profunda voz, polo característico son boom-chick-a-boom da súa banda de acompañamento -os Tennessee Three-, e por vestir roupa escura o que lle valeu o alcume de «O Home de Negro».
 
Aquí déixanos unha memorable canción co café presente na historia:
 

Foi primeiro pioneiro do rockabilly e o rock and roll nos anos 50, despois foi quizá o representante internacional máis coñecido da música country, pasou un tempo bastante desaparecido ata o seu rexurdimento como icona do country alternativo nos anos 90, Cash influíu en incontables músicos de moitos xéneros. 

Everlast - Black Coffee

Everlast naceu en Valley Stream, Nova York, é de ascendencia irlandesa. Rapeiro e cantautor coñecido polo seu particular cruzamento de mestura de hip-hop e rock-acústico. 
 
Déixanos esta canción dedicada ao café negro que fai referencia o aspecto canalla do café que atoparemos máis adiante en algunha canción máis:
 

Miguel Bose - Morena Mia

Cantante de longa carreira profesional que empezou como ídolo de rapazas, e soubo redirixir a súa carreira a un publico máis maduro. 
 
Ten entre as súas cancións Morena Mia, na que a súa morena faille un bo "café"  vós veredes o sentido da  palabra na canción, eu pola miña banda quédome con que atopou unha morena que realmente sabía facer un bo café :).

Un Pingüino En Mi Ascensor - Mi Café

Unha irreverente canción sobre un dos mitos máis asentados na publicidade do café, Juan Valdés e a súa mula.
 
Nestá canción  dán a súa particular versión sobre o que sente Juan Valdés cultivando café en altura. Perdonaresmolle que situe ao colombiano Juan Valdés  subindo o argentino Aconcagua, supoño que rimaba con piragua.
 
Podemos non estar de acordo ou non pero o certo que divertida, a canción, si que é.
 

Natalie Cole - Coffee Time

Cantante estadounidense de jazz, soul e R&B. Filla do lendario cantante de jazz Nat King Cole. 
 
A súa carreira pódese dividir en dúas etapas: na primeira, fixo R&B e urban; despois traballou máis no jazz. Durante a súa carreira vendeu máis de 30 millóns de álbums. 
 
Déixanos este gran tema Tempo de café, non deixedes de gozalo.
 

Peggy Lee - Black Coffee

Foi unha artista estadounidense, cantante de jazz e de música popular, así como compositora de cancións de moito éxito que se sucederon durante a década dos 40 do século pasado.

Café Negro merece estar entre a nosa relación de cancións que teñen como protagonistas ao café, non deixedes de escoitala, fala da mítica relación entre o café, o cigarrillo e a vida nocturna de mediados do século XX.
 

Frank Sinatra The Coffee Song 

Considerado un dos mellores cantantes populares na historia as súas cancións seguen tendo millóns de seguidores a día de hoxe.
 
A verdade nin me estraña a xulgar o temazo que nos deixa sobre o café en Brasil. Merece a pena escoitar a "A Voz" cantando ao café.
 

Xoán Sebastián Bach Cantata del Café

No ano 1732, Bach compuxo a Cantata do Café, unha especie de oratorio cómico con texto ou libreto de Picander que se estreou dous anos despois.
 
É a historia dun pai que prohibe tomar café á súa filla e para convencela ameázalle con que non lle comprará máis roupa, e non lle permitirá saír de casa, nin sequera poderá mirar a rúa desde a xanela. 
 
Ela resístese aos desexos do pai e encomia o café dicindo que é o único que necesita e que é mellor que mil bicos.
 
Que bo cafeteiro non sente identificado con isto.
 
Por certo Xoán Sebastián Bach era un gran amante do café e nesta composición notase.
 

Non son nin moito menos as únicas cancións de todos os tempos que teñen  no café unha referencia para contar unha historia. 
 
Axúdanos a completar o post dedicado aos moi cafeteros que gozan coa música. 
 
Ti que es un cafetero moi cafetero déixanos as túas cancións preferidas co seu autor e o seu título,  prometo ampliar o post para darlle cabida.
 
A  única condición é que o tema falen do café, ou que o café xogue un papel important na  canción.
Bo verán, boa música, e un gran café para ti cafetero que gozas da vida.
 
Para terminar a festa unha canción sobre unha das bebidas máis divertidas que se poden facer cun café: o Licor Café, se o probastes nada que contar, se non sodes nin menores nin abstemios deberías probalo a algunha vez.

Manu Chao e Os diplomáticos de Monte Alto  Licor do Negro Café

 

Fin de festa.

 

 

Engadir un novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar se vostede é un visitante humano e previr envíos de spam automatizado.

Director del Proyecto : Federico Asorey Consultoría e-Commerce
© Copyright 2020