O café é bo ou malo para a saúde

O  café é bo ou malo para a saúde human

O café é bo ou malo para a saúde dos seres humanos?

É unha pregunta que moitos se fan e que imos tratar de responder.
 
O café non aumenta o risco de padecer cancro.
 
Non o dicimos nós dio a Organización Mundial da Saúde, OMS, nas súas siglas en galego.
 
Demostrouse  que nas persoas que consumen café hai menor incidencia nalgúns dos tipos de cancro máis correntes, como o de fígado, próstata, mama ou colón.
 
A incidencia de está enfermidade é menor que nos non consumidores, non ten sido observado ningún aumento da incidencia entre os consumidores de café no resto de enfermidades que entendemos como cancro.
 

Posiblemente vos cheguen informacións de Estados Unidos nestes días sobre unha decisión dun tribunal que ten unha sentenza recente dun tribunal de California en relación co café e o cancro.

A intención do articulo é aclarar algúns puntos en relación con con algunhas dúbidas que esta sentenza pode deixar no consumidor de café
 
Diante dun tribunal Tribunal de  California presentouse hai xa 8 anos polo Consello para a Educación e a Investigación Toxicolóxica (Council of Education and Research on Toxics, CERT) unha demanda que afecta a preto de 70 compañías incluíndo  Starbucks, Whole Foods Market and Trader Jóe´s; así como tamén a empresas distribuidoras, industrias cafeteiras e grandes grupos alimentarios.
 
Xuizo en California - Etiquetado do café
 
Para presentala o CERT alegaba que as compañías demandadas incumpriron a Lei do Estado de  California concretamente a  California´s  Safe Drinking Waterand Toxic Enformcement Act – Proposition 65 que esixe aos operadores que faciliten ás consumidor advertencias sobre exposicións significativas a axentes químicos que poidan causar cancro, malformacións conxénitas e outros prexuízos reprodutivos.
 
Na demanda sinalábase que as empresas cafeteiras tiñan fracasado á hora de informar adecuadamente aos seus consumidores e desta maneira, expúxose a millóns de persoas á  acrilamida sen que se lles facilitou advertencias adecuadas sobre as súas consecuencias.
 
Nunha segunda parte da demanda tentábase poñer de manifesto que as compañías do sector cafeteiro habían fracasado á hora  de acreditar que existen numerosas evidencias que poñen de manifesto os beneficios para a saúde humana do consumo de café.
 
E unha terceira, na que se solicitan as responsabilidades civís que deberán satisfacer as compañías cafeteiras. 
 
As penas potenciais poden chegar a ser superiores aos 2.500 $ por persoa que diariamente se viu exposta ao risco no período de 8 anos. 
 
De manterse esta base de cálculo, a cifra final das indemnizacións podería ser astronómica nun estado cunha poboación próxima aos 40 millóns de habitantes.
 
Uns contos centos de millóns de dólares están en xogo se temos en conta que California ten case a mesma poboación de España.
 

A American National Coffee Association (NCA) como non podía ser doutra forma reaccionado inmediatamente sinalando: 

“As advertencias sobre o risco de cancro na etiquetaxe do café poderían inducir a erro ao consumidor. 
Que o propio goberno dos EEUU en Guías / Recomendacións Dietéticas Americanas considera que o café forma parte dun estilo de vida saudable. 
Pola súa banda, a Organización Mundial da Saúde, OMS, sinalou que o café non é causa cancro". 
Á vista diso, os membros da Asociación Nacional do Café continúan defendéndose diante da demanda presentada en 2011 polo CERT de  California. 
 
A demanda do CERT levouse a cabo baixo a dirección do asesor desta organización, Rafael Metzger parece que consiguiu que na etiqueta do cafafe se ligase o consumo deste produto con risco de padecer cancro. 
 
A maioría de estudos e opinións científicas máis recentes corroboran a manifestación da Asociación Nacional do Café de Estados Unidos de que non existe dita correlación. 
 
Ademais, hoxe en día tanto o público xeral como a comunidade científica teñen maiores coñecementos sobre o café que sobre calquera outro alimento no mundo.
 
Estudo tras estudo púxose de manifesto os beneficios para a saúde do consumo de café, incluíndo o incremento da lonxevidade.
 
De feito a día de hoxe para a OMS non existe un aumento de risco en relación ao cancro co consumo de café.
 
Existen máis de 500 publicacións científicas, incluíndo estudos revisados, peer-reviewed, levados a cabo en humanos que demostran que non existe relación entre o risco de padecer cancro e o café.
 
Igualmente os estudos mostran de maneira insistente que nos consumidores de café hai unha menor incidencia de diabetes, alzhéimer, demencia, párkinson, hipertensión e outras causas de mortalidade que respecto a as persoas que non o consumen.
 
 

O café contén acrilamida

 

O CERT coñecedor destes estudos centraba a súa demanda na presenza de acrilamida no café. 

Falamos noutro post a fondo sobre a  acrilamida se picas a ligazón podedes lelo.
 
Repasando brevemente o dito alí por se non vos apetece ler o outro post.
 
A  acrilamida é unha substancia que se xera de maneira natural durante o proceso de tostado non só do café senón doutros moitos alimentos considerados como sans como o pan, as patacas fritas, e outros moitos vexetais que conteñen  fecula.
 
Cando cociñamos alimentos que conteñen amidón en condicións de alta temperatura (máis de 120 º C) e baixa humidade, como ocorre cando fritimos, enfornamos ou tostamos, este proceso non se dá cando cocemos, prodúcese unha serie de reaccións químicas nas que se forman compostos que melloran o aspecto, o aroma e o sabor. 
 
O problema xorde por que a  acrilamida fórmase igualmente neses alimentos a partir dos 120 graos centígradas.
 
O feito de que unha substancia sexa capaz de alterar o ADN e causar cancro non significa necesariamente que vaia a facelo, mesmo aínda que non existan doses seguras de exposición establecidas como é o caso. 
 
Se así fóra, todo o mundo desenvolvería esta enfermidade tras tomar un anaco de pan, comer unhas patacas fritas, ou probar uns sorbos de café, e sabemos que isto non ocorre. 
 
Nestes casos adóitase falar de rangos de doses en que a substancia presenta máis probabilidade de causar efectos adversos.
 
A partir de aquí determínase o que se coñece como marxe de exposición, que fai referencia ao nivel de perigo sanitario da devandita substancia.
 
Non imos negar que a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA) considera que, no que respecta a a  acrilamida, existe un perigo potencial para a saúde pública. 
 
É dicir é unha substancia potencialmente perigosa, pero non están seguros de que sexa perigosa no consumo humano, xa que nese caso sacarían o potencial da definición.
 
Debemos de ter en canta que os estudos que relacionan a acrilamida co desenvolvemento de distintos tipos de cancro realizáronse con animais, en concreto ratos, mentres que os resultados dos estudos en humanos proporcionan probas “limitadas e  inconsistentes”, de modo que é necesario levar a cabo máis investigacións para coñecer os seus posibles efectos sobre a saúde segundo a autoridade europea.
 
Por iso, organismos como a Axencia Internacional para a Investigación do Cancro ( IARC) clasifican a  acrilamida no grupo 2A (probablemente canceríxeno para humanos) en lugar de facelo no grupo 1 (canceríxeno para humanos) xa que non existen probas de que o sexa.
 
 

café na praia

 

Pero entón por que fallaron en Estados Unidos a favor de que se  etiquete as paquetes de café de  California coa advertencia como alimento como posiblemente canceríxeno?

Segundo establece a Proposición 65, son as empresas, como parte demandada, as que debían demostrar que a  acrilamida contida nos seus produtos non provoca cancro. 
 
É dicir as empresas teñen que demostrar que o produto non é perigoso, a carga da proba púxose nelas.
 
Como non puideron facelo, son condenadas a mostrar unha advertencia neste sentido. 
 

 

Entón a quedado demostrado que a  acrilamida é unha substancia perigosa para o ser humano.

Non, simplemente non puideron probar que non o é.
 
Hai que sinalar que este aspecto da lexislación do estado de California adoita ser duramente criticada por facer recaer a carga da proba sobre a empresa, xa que nestes casos o habitual é que os organismos públicos determinen se existen riscos ou establezan doses seguras de exposición (se é que as hai). 
 
E nin é Estados Unidos nin en Europa fíxose, simplemente as autoridades non saben se é perigosa ou non para o ser humano, consideran que pode selo.
 
Que non se puida demostrar non fai necesariamente que o sexa, tampouco que deixe de selo.
 

Pero por que non puido demostrar que o consumo de café non ten efectos adversos na saúde humana? 

A  acrilamida é un composto  neurotóxico (afecta negativamente o sistema nervioso),  carcinóxeno (favorece a aparición de cancro) e  xenotóxico (é capaz de danar o ADN). 
 
Isto último fai que non existe ningunha dose que sexa segura, é dicir, calquera nivel de exposición a esta substancia podería alterar de forma potencial o ADN e levar a aparición de cancro.
 
O café non é o único alimento que contén  acrilamida, senón que esta substancia pode estar presente en moitos outros, independentemente de que fosen procesados na industria ou os cociñaramos en casa. 
 
Si amigo, as patacas fritas que sacas da túa  fritideira na túa casa poden ter igualmente  acrilamida se a temperatura do aceite alcanza os 120 graos centígradas.
 
Destaquemos que é acrilamida producida de forma sintética a que foi asociada á aparición de cancro en roedores expostos a doses masivas desta substancia. 
 
Pero ninguén a demostrado que a  acrilamida que se xera de maneira natural no cociñado e estes alimentos teña consecuencias negativas para a saúde humana.
 
De feito se a carga da proba nesta lei se tivera posto en que o demandante demostrase que a  acrilamida é nociva para o ser humano o resultado mais que posiblemente fose outro, por que como dixemos non está para nada claro que así sexa e  dende logo co que hoxe sabemos ninguén podería demostrar que o é.
 
A pesar de todo o Tribunal do Estado de  California (EE.UU) concluíu que, de acordo coas leis dese Estado e máis en concreto coa  proposición 65, as empresas cafeteiras haberán de incluír unha advertencia na etiquetaxe dos seus produtos informando sobre o posible risco de cancro asociado ás reaccións químicas que se xeran no proceso de toste do café.
 
 

Café con leite

 
Que di a ciencia sobre o café e o cancro.
Os informes máis recentes publicados en revistas científicas do máis alto nivel puxeron de manifesto o cada vez maior consenso entre os  epidemiólogos de que o café non aumenta o risco de padecer cancro e mesmo que reduce o risco de padecer algúns tipos específicos desta enfermidade.
 
Este feito a redución de varios tipos de cancro non constitúe unha sorpresa dado que o café contén unha complexa mestura de múltiples antioxidantes (compostos aos que se lles recoñece amplamente propiedades  anti–carcinóxenas). 
 
A modo de exemplo, unha simple cunca de café contén ao redor de dous partes por billón de  acrilamida. Esta mesma cunca de café contén 675.000 partes por billón – ao redor de 300.000 veces máis – dos numerosos antioxidantes presentes no café.
 
A Organización Mundial da Saúde (OMS) e a Food and Drug Administration de EE.UU estudaron amplamente a  acrilamida nos alimentos e non consideraron necesario advertir aos consumidores para que cambien os seus hábitos alimenticios a fin de evitar os alimentos que conteñen  acrilamida.
 
Na Unión Europea non se foi máis aló de dar á industria unhas indicacións de boas prácticas no trato de alimentos que producen  acrilamida ao ser fritidos, enfornados ou tostados a máis de 120 graos.
 

Ademais, a Axencia Internacional para a Investigación do Cancro (International  Agency  for  Research  on  Cancer,  IARC) da Organización Mundial da Saúde concluíu en xuño 2016 que: 

“Todos os estudos epidemiolóxicos mostran que a inxesta de café non ten efectos  carcinóxenicos  para o páncreas, mamas e próstata e tense visto que reduce o risco nos casos de cancro de fígado e  endometrio".
Por tanto,  IARC conclúe que, a inxesta de café non pode clasificarse como  carcinóxena para a saúde humana.
 
"A  acrilamida non é boa para a saúde, pero a cantidade presente no café non supón unha contribución observable ao risco de cancro. Máis ben todo o contrario, o café, ten un efecto levemente protector para algúns tipos de cancros".
 
Como as cousas nunca son totalmente boas ou malas, se falamos de porcentaxes o café é moito máis positivo que negativo para a saúde humana.
 
Se segues preocupando a presenza de  acrilamida no café, vale a pena observar que na cunca parece entrar menos  acrilamida cando o café está filtrado que cando se toma en forma de café expreso.
 
 
Na seguinte ligazón podedes acceder á información publicada pola NCA que é de onde xorde boa parte do articulo sobre todo no relacionado coa sentenza do tribunal californiano.
 
Non sei se as explicacións tranquilizáronvos ou non pero coñecer as cousas a fondo fuxindo do titular fácil sempre é interesante.

Engadir un novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar se vostede é un visitante humano e previr envíos de spam automatizado.
Imaxe CAPTCHA
Introduza os caracteres amosados na imaxe.
▲ Superior