O mellor café do mundo

 Mapa do mundo realizado en grans de café.

Non cremos no concepto "mellor café do mundo".

Existen bos cafés, grandes cafés, e cafés excelentes, pero Cafés Sabora non cre no concepto "mellor café do mundo" e isto é debido a que o mellor café do mundo é un concepto moi dificil de determinar dun xeito obxectivo.
Pensar no mellor café do mundo supón unha posición inamovible e absoluta dun café que se faga o que se faga con el vai ser un bo café e isto simplemente non é así.
É máis o mesmo concepto pode levar a grandes erros á hora de elixir o teu café para o teu local  de hostalería ou tenda.

É caro é bo Café

É o primeiro elemento a refugar da túa mente.
Non o máis caro é o mellor simplemente a escaseza provoca carestía, en moitas ocasións o prezo está máis relacionado máis coa escaseza do produto que coa calidade, noutras ocasións outras está relacionada cunha boa campaña de marketing que coa calidade real do café.
O feito de que os grans de café pasen polo sistema dixestivo dunha civeta como é o caso do Kopi Luwa pode facer o café sexa o máis caro do mundo, posiblemente o máis raro pero non necesariamente é o mellor café, aínda que existe todo un zoolóxico que o imita, mesmo elefantes son utilizados con este fin. 
Agora ben un café á metade de prezo que o habitual no mercado non vai ser seguramente un bo café.
O café ten o seu custo e un bo café temos que pagalo nós que o tostamos, a tenda que o vende ou o establecemento de hostalería que o serve, e como non, o cliente final de todos nós que compra o café coa esperanza de levar un gran café a casa ou de tomar un gran café nun establecemento.

Pero así como non cremos no concepto "mellor café do mundo", si cremos en tratar ao café coma se fósemos conseguir o mellor café do mundo.

Para obter unha soa cunca de café, xa non a mellor, senón unha simple boa cunca de café son necesarios que multitude de pequenos detalles para que consigamos o obxectivo de ter bo café na nosa cunca.
Convén a estar atento ás condicións para tentar facer o "mellor café do mundo" ou polo menos o mellor café que ti podes facer, que non deixa de ser interesante.
  1. Factores técnicos como si se recolleu a man nun proceso de selección do gran, ou se recolleu a máquina sen selección ningunha; como foi o "beneficiado", por exemplo, se o café é un café lavado, como se conservou na longa viaxe ata onde o tomas, se é fresco ou non.
  2. Como se tostou, envasouse correctamente, consumese fresco.
  3. Como se moeu, o punto de moído foi o máis adecuado para o tipo de cafeteira coa que vou facer o café.
  4. A cafeteira na súa é unha boa cafeteira, está limpa e en condicións de facer o mellor café do mundo, por que así é como tes que ter o teu material para facer un simple, pero á vez sublime, bo café.
  5. A auga que utilizas é importante. Se utilizas unha auga de calidade podes obter un gran café, pero o mellor café estrágase cunha auga que lle achegue sabores e cheiros indesexados á cunca.
  6. A extracción do café, as cantidades e tempos adecuados para obter o mellor café de cada tipo de cafeteira.
  7. Se o café é un café expreso con leite, o leite coa que se mestura ten que ser leite fresco nunca uperizada
  8. A pericia do que o fai inflúe enormemente no resultado final
Para obter un gran café na túa cunca todos e cada un destes elementos deben de estar perfectamente logra dos, tanto é así, que un café perfecto só pode ser obtido se nada fallou en todos os momentos da vida de café antes de que se sirva, mesmo detalles tan pequenos como que chegue frío á mesa estraga a experiencia de tomar "o mellor café do mundo".
 
Así para poñer un gran café no andel da túa tenda, na cunca do teu local de hostalería, ou a cunca de café do almorzo que fas en casa non é suficiente con escoller un café que teña fama ou que teña detrás unha enorme campaña de marketing.

Ante todo debe de ser un café que dunha resposta clara e correcta a  unha serie de cuestións crave que debes de plantexar ao café.

 
 

 

1º Natural ou torrefacto?

Sempre, e digo sempre, sen excepción un café torrado natural sempre é mellor que un torrefacto ou unha mestura con torrefacto.
Xa non estamos na posguerra, e amargar o café con azucre, non é a mellor idea. 
 
Si, non me equivoco, o azucre queimado a máis de 100 graos de temperatura colle un sabor amargo.
 
O torrado do café debe ser natural cento por cento.

2º O café é arábica ou robusta?

Pode ser un blend de ambos os tipos, pero, en que porcentaxes?

Un café 100% arábica é mellor que un café con moita presenza de robusta, un blend de por exemplo, o 90 ó 95% de arábica e un 5 ó 10 por cento de robusta pode ser interesante, sempre  e cando a mestura non se fixo pensando en custos, o robusta é moito máis barato que o arábica, senón en obter un café compensado.
 
Así un café arábica ou cunha alta porcentaxe de arábica ten máis opcións de proporcionarche  un mellor café que un robusta.

3º Recolleito a man ou mecanización da recollida?

A recollida selectiva a man do froito é moi importante xa que permite recoller os grans do café en plena madurez, e non mesturar grans maduros con outros verdes que sempre diminúe a calidade do café.
Se a isto sumamos un cultivo orgánico, respectuoso co medio, e que evita o uso de pesticidas, funxicidas, insecticidas químicos mellor que mellor. 
 
Mesmo para ti amante dos produtos ecolóxicos ou orgánicos sería motivo suficiente para que o "teu mellor café do mundo" só sexa aquel cultivado á sombra en condicións de agricultura ecolóxica.
 
O que non é amante do orgánico podes non ter en conta este concepto para valorar o seu "mellor café do mundo", pero para ti que si o es é un imprescindible.
 Café en gran e café en cunca

4ºCafé de altura, non?

Si, o café ha de ser un café cultivado en altura a máis de 1000 metros, xa que a altura suaviza o café e potencia as súas características.
 
A altura inflúe no sabor.
Cando un café que crece a unha gran altitude e está ben coidado, producirá unha cunca con maior acidez, será máis aromática e gustosa.
Mentres que a unha altitude menor, o café terá unha acidez baixa e menos carácter na cunca. 
Por tanto para se para o teu establecemento seleccionas un café de altura, arábica 100% ou un blend con pouca presenza de robusta, tostado natural en gran para obter todo o aroma e o sabor do café, imos cara a un gran café, non sei se cara ao mellor café do mundo, pero si cara a un gran café.
Para os que vendedes en tenda aquí acaba o voso traballo, facer o mellor café do mundo xa queda en mans do cliente.
 

Para os profesionais da hostalería quédavos a parte máis divertida pero tamén a máis comprometida: facer unha cunca do mellor café do mundo.

Entre as túas responsabilidades seleccionar o café adecuado para o teu negocio,  conservar o café en condicións óptimas,  moer o café uns segundos antes de facelo, no grao adecuado de moenda para a cafeteira, xa sexa unha expreso, prensa francesa, chemex, ou a cafeteira que utilices.
Poñer toda a túa experiencia e bo facer no café que serves ao teu cliente para que chegue un café perfecto á súa mesa.

Do intento sairá o mellor café do mundo?

 
Non o sei, pero si o mellor café que es capaz de facer ti, si o será.
 
Na nosa opinión non existe un café que poida ser nomeado co título do mellor café do mundo, nós apostamos por un gran café coidado e consentido desde a orixe á cunca do que ama o café.
 
Saúdos e que cheguemos todos a probar o mellor café do mundo.

Engadir un novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar se vostede é un visitante humano e previr envíos de spam automatizado.

Director del Proyecto : Federico Asorey Consultoría e-Commerce
© Copyright 2020