A Panela ou Rapadura: Que é, como se consegue e que lle achega ao café.

Panela e café unha parella ideal

A  Panela ou Rapadura é un azucre sen refinar.

Panela ou Rapadura é unha forma de adozar o café, en realidade de adozar calquera cousa ,moi popular en toda Iberoamérica e moi descoñecida na maior parte de España.

A rapadura é un endulzante de orixe natural, sendo este azucre integral de cana, máis saudable que o azucre refinado que consumimos habitualmente nos nosos fogares.

Panela é o termino co co que se coñece en Colombia segundo produtor mundial deste tipo de azucre. 
 
Anticípovos que o termino panela existe en galego pero non coa acepción deste tipo de  adozante, senón como tixola ou cesta baixa e ancha.
 
Pero ten outros nomes en Panamá ou Illas Canarias, e mesmo en Brasil coñéceselle como Rapadura.
 
E por proximidade idiomática imos utilizar este termino rapadura para referirnos o produto que nos envases en tendas en Galicia case con toda seguridade atoparás nomeado como Panela.
 
E por esa mesma razón panela será o outro termino a utilizar no post de hoxe.
 
Queda claro logo que a panela ou rapadura son a mesma cousa.
Rapadura igualmente existe non galego pero  non  ca acepción de azucre sen refinar.
 
Noutros países ten outras denominacións, os mexicanos chámanlle "Piloncillo", e en Venezuela, Chile, Arxentina ou Perú coñéceselle como "Chancaca" ou "Papelón".
 
Como vedes só en Canarias dentro de España existe unha palabra pare definir este produto  que é a de Rapadura,  en Galicia e por que non dicilo, para o resto da España peninsular, esta forma de  adozar o café é bastante descoñecida.
 
Empregaremos indistintamente os termos Rapadura e Panela  o primeiro por ser o que se utiliza en Brasil, e o segundo por seren o que aparece na maior parte das envases que se venden en Galicia.
 
Pódese atopar tanto en tendas de produtos ecolóxicos e herboristerías onde o máis común é que se atope en forma raiada, nunha cor e forma que che pode levar a pensar nun azucre moreno, que xa che anticipo que a panela é algo que non é.
 
A outra opción as tendas especializadas en produtos Procedentes do sur de América onde se vende en bloques sólidos ao estilo no que se adoita tomar por aqueles lares.
 
  Panela unha alternativa saudable ao azucre

Que é a Panela?

É un derivado da cana de azucre.
En realidade é o derivado máis puro, natural e artesán dos que se poden obter, xa que é un azucre sen branquear e refinar.
 
É máis doce que o azucre refinado e podes substituír ao azucre en calquera uso.
 
Nós utilizamos a panela ecolóxica ou orgánica para os nosos cafés ecolóxicos. Panela que foi obtida de cana de azucre cultivado mediante procedementos respectuoso co medio ambiente.
 
Azucre refinado branco perde a melaza que é a parte que conten todos os nutrientes presentes no mollo de cana de azucre como minerais,  aminoácidos e vitaminas, ao ser sometido a procesos como a clarificación, filtración e refinado.
 
O azucre moreno auténtico ou cru é o resultado do mesmo proceso que o azucre branco, pero aforrando a separación final entre os cristais e a melaza.
 
Outro cantar é o azucre moreno que se vende en Europa,  salvo honrosas excepcións, non é máis que azucre branco ao que se lle aplicou un baño de melaza que tingue ao azucre, en realidade con moi pouca achega desta melaza o produto final.
 
Así que a maior parte do azucre moreno que compras en realidade é falso azucre moreno!!
A gran diferenza entre os azucres moreno e branco, e a panela, é que a panela non sofre un proceso de refinado o que permite que conserve todo o sabor natural do azucre e todos os nutrientes presentes na cana de azucre.
 
Existe panela de produción ecolóxica que é o  adozante que recomendamos par os nosos cafés ecolóxicos, se amas esa café doce esta é a túa opción sen dúbida.
 
A panela pola súa elaboración está libre de toda clase de aditivos químicos propios da elaboración de azucre refinado.
 

Como se elabora a rapadura ou panela?

A rapadura é o mollo da cana de azucre que, a base de varias ebulicións, perde humidade e concéntrase para formar unha melaza ou masa branda e espesa.
 
Masa que ao arrefriarse e secarse ata solidificar dando forma en bloques, como pequenos ladrillos de panela. 
 
Durante este proceso os produtores de rapadura empregan instrumentos de cobre en lugar do aceiro tépedo usado no azucre tradicional, evitando así os restos de níquel que poidan quedar como consecuencia da calor usada. 
 
Isto convérteo nun proceso totalmente natural e 100% libre de químicos.
 
Por outra banda ás tendas españolas adoita chegar moído envasado en bolsas xeralmente de medio quilogramo.
 
É o tipo de adozante que utilizamos para a nosa gama de produtos ecolóxicos.
 
Unha boa panela ecolóxica achega un sabor acaramelado ao café, e require moi pouca cantidade para adozar un café.
 
Ademais de achegar máis vitaminas e minerais a un café das que xa achega o propio café.
 
Como contrapartida digamos xa non deixa de ser un azucre, achega calorías, e non é solución para diabéticos e outras persoas que non poidan consumir azucre na súa dieta.
 
 
Que azucre engadir se che gusta doce o café
 

Que melloras achega utilizar panela e non  azucres refinados na túa dieta.

A panela está composta por un 83% de sacarosa, 6% de glicosa e 6% de frutosa, constituíndo así un 85-95% de hidratos de carbonos, fonte enerxética principal. 
 
A achega proteica constitúe un 1%, o mineral un 0,50%, e de graxas un 0%.
 
O azucre refinado coñecido como azucre  branco non aguanta a comparación nin nun só elemento.
 
Está 100% constituído por sacarosa con carencia case absoluta de minerais e vitaminas.
 
A Panela contén 2,8 gramos de vitaminas en 100 gramos, fronte aos só 300 mg por 100 gr do azucre branco, nove veces máis que o azucre branco.
 
Digamos xa que un consumo de 100 gramos de panela o día sería de todo excesivo e pernicioso para a saúde. 
 
Utilizamos os cen gramos só como elemento para comparar as diferenzas entre a panela e o azucre branco.
 
De minerais, contén 50 veces máis que os azucres refinados, xa sexa branco ou moreno.
 
En 100 gramos achega:
  • Magnesio       81 mg.
  • Calcio          80 mg.
  • Fósforo        68 mg.
  • Ferro          12 mg.
E en menores cantidades potasio, manganeso, zinc, cobre, fluor e selenio.
 
En canto a vitaminas, atopamos as A, B, C, D e E.
 
Especialmente importante é a presenza de vitaminas do grupo B, como a B1, B2, B3, B5, B6, B8 e B9.
 
Estas vitaminas B son esenciais para o correcto funcionamento do organismo e fundamentais para a absorción de minerais.

E para os que preocupa pola súa liña temos que dicir que a achega calórica é importante.

A  panela ten algo menos achega calórica cos azucres refinados ao posuír de 310 a 350 kcal por 100 gr, fronte ás 400 kcal por 100 gr do azucre refinado, pero ainda así é relevante.
 
Se che preocupa a liña sempre tes a opción de tomar o café só que practicamente non achega calorías á túa dieta.
 
O azucre refinado é unha fonte perfecta de calorías baleiras practicamente non achega ningún nutriente.
 
A panela aínda que non pode ser a base de ningunha dieta, non deixa de ser un condimento para adozar café, pasteis, etc, polo menos se achega nutrientes.
 
Tomase en moi pequenas cantidades dous cafés poden ser adozados con 10 gramos de panela.
 
É unha opción para aqueles que  adozades o café con  azucres refinados, máis sa, máis natural, e máis ecolóxica que o azucre refinado, e lembra que o azucre moreno é igualmente un azucre refinado.
 
Ollo só recomendable desde a perspectiva de que ides adozar o café si ou si con algún tipo de azucre refinado. 
 
Xa que é máis san e mellor para gozar todo o aroma e sabor dun gran café é tomar o café sen azucre.
 
Así que non fagas o do vello chiste:
Doutor: Como lle vai?
Paciente: Estou peor dos pulmóns.
Doutor: Pero fuma vostede só dous cigarros día? Como lle recomendei.
Paciente: Si doutor pero mátanme, eu antes non fumaba.
O devandito, se non adozas o café, non te preocupes vas ben, si o adozas con produtos refinados pasate a Panela ou rapadura.
 
Bo café e mellor semana.

 

Mesmo che  pode interesar ler:

Cantas calorías ten un café con leite

O café ten calorías?

O café engorda ou é unha lenda urbana

A lenda negra do café


Engadir un novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar se vostede é un visitante humano e previr envíos de spam automatizado.

Director del Proyecto : Federico Asorey Consultoría e-Commerce
© Copyright 2020