QUEN SOMOS NÓS

Cafés Sabora somos unha empresa familiar dedicada desde a súa fundación a cargo de Ramón Alonso Saburido fai xa máis de tres décadas ao torrado diario de café.
 
A empresa comezou no compostelán Barrio de Sar, para pasar logo á súa actual sede en Montouto nas proximidades de Santiago de Compostela.
 
Máis de trinta anos despois Cafés Sabora continúa coa súa actividade mantendo a mesma filosofía coa que comezou: "Coidar a calidade do producto desde un torrado artesanal".
 
Ao longo dos anos formamos un experimentado equipo humano dedicado a ofrecer un coidado servizo ao cliente, que está en constante formación, tanto interna como externa.
 
Amamos o café, o seu aroma ao torralo, e encántanos que gocedes do aroma e sabor dun café Sabora xa sexa en casa ou nun establecemento hostaleiro.
 
Para iso sempre primamos a calidade sobre a cantidade, torramos artesanalmente o noso café, sempre da man de mestres  torradores.
 
No noso  obradoiro dedicámonos ao torrado e distribución no mesmo día dun café seleccionado e cultivado en altura.
 
O 90 por cento do total do café que torramos son arábicas das mellores procedencias, e o 10 por cento restante robustas de Uganda,  cultivado igualmente en altura, que utilizamos nalghunas misturas de café para hostalería pensando nos cafés expresos.
 
Enviamos o café a hostalería e tenda o mesmo día do seu torrado, polo que poñemos no teu establecemento un café fresco, recentemente torrado.
O mundo dos cafés de maior calidade ten evolucionado moito e nós evolucionamos con el.
 
Hai unha década apostamos polo torrado de cafés ecolóxicos cen por cen que teñen todos os selos de garantía dun café orgánico ou ecolóxico.
 
Estes cafés ecolóxicos xunto os descafeinados á auga que permiten conservar todo o aroma e sabor do café nun proceso cento por cento seguro para o medio e para o café.
 
Unidos a os blends para hostalería de profundo aroma e suave sabor tan característico da marca, pensados para obter os mellores expresos en hostalería, son os tres grupos de cafés de calidade que che ofrecemos.
 
Cos cafés ecolóxicos e o descafeinado á auga apostamos polos valores tradicionais de produción de calidade, prestixio, e exclusividade sen renunciar aos valores de solidariedade, dereitos humanos e respecto pola o medio natural con procedementos para nada nocivo para a natureza nin na produción, nin o procesamento do café.
 
O que amamos realmente é que ti goces tanto co café de Sabora que tomas como nós gozamos seleccionando e torrando ese café para ti.
 
Xosé Alonso 
Xerente de Cafés Sabora

Director del Proyecto : Federico Asorey Consultoría e-Commerce
© Copyright 2020