Unha cafetería defínese por ser un local onde se serve café?

Cafetería

Sabes exactamente que tipo de local entras cando vas a unha cafetería?

 
O elemento fundamental dunha cafetería no noso país é que se sirvan un gran café nese establecemento?
 
As resposta a todas estas preguntas incluída a do titulo non é fácil.
 
Primeiro deberiamos aclarar  o que é unha cafetería.
 
Moitos intuímos que existen diferenzas entre un bar, un restaurante e unha cafetería, pero se tivésemos que explícitar cales son esa diferenzas sería complicado que o fixésemos ben.
 

Que é unha cafetería en España?

Moitos poderían pensar que a gran diferenza é que unha cafetería é un lugar onde se vende café para tomar no establecemento, e a verdade é que non vai por aí a cousa.
 
Se imos á socorrida Wikipedia no termino cafetería a definición que pon é a seguinte:
 
Unha cafetaría é un lugar onde se despacha café e outras bebidas, e mesmo ás veces tapas e comidas. Comparte certas características con outros establecementos de restauración, como o bar ou o restaurante. Definición en Galego
 
Unha cafetaría é un lugar onde se despacha café e outras bebidas, e mesmo ás veces tapas e comidas. Comparte certas características con outros establecementos de restauración, como o bar ou o restaurante. Definición en Español
 
Como ves a cafetería na definición es español non se define por que sexa ou non sexa un establecemento que coide o café que serve aos seus clientes. Este dato anecdótico é moi significativo de como as veces tratamos o café neste páis.
 

Sexamos claros o termino café non se atopa presente en ningures da definición en español. 

 
A definición en galego, o menos, si fai referencia o café pero non fai referencia a que teña que ser de especial calidade.
 
Curiosamente unha cafetería en España non se define por ser un establecemento onde se vende café, senón onde se consumen aperitivos e comidas sen menú ou sen o que todos entendemos pola a carta do establecemento.
 
Evidentemente en todas as cafeterías españolas sérvese café, polo menos as que eu coñezo, pero o café non é un elemento relevante para definila.
 
Abraiado quedo de que o café non sexa un elemento fundamental que define unha cafetería, senón o ser un establecemento onde se serven pratos combinados ou aperitivos de forma rápida en mesa.

 

Que pasaría cunha definición de xeadería onde non aparecese a palabra xeado, ou dunha definición de tetería onde non aparecese a palabra té.

 

Non saio do meu asombro porqué co café  neste pais ocorren estas cousas.

 
Que é un restaurante?
 
Como introdución ao que é un restaurante déixovos un vídeo de Xosé Suárez do Restaurante Paz Nogueira facendo uns cafés impresionantes co noso café.
 

Un restaurante entón diferenciaríase dunha cafetería en que se é un local onde se pode comer a carta, podendo ofrecer un menú do día.
 
Trátase por tanto dun establecemento onde podes facer unha comida máis repousada, non ten ese elemento de comida rápida que se intúe na definición de cafetería.
 
Evidentemente en calquera restaurante que se prece poderás tomar un café despois da túa comida.
 
Pero o obxectivo deste establecemento hostaleiro tampouco é servir café senón ofrecer unha comida máis tranquila e completa que por exemplo unha cafetería ou un bar.
 
O café sempre é un elemento secundario,  importante  na miña opinión,  xa que un mal café estrágache as mellor da comidas. Pero o obxectivo primario dun restaurante, como por outra banda é lóxico, non se centra en ofrecer un gran café.
 
Quererás coñecer entoes que é un bar.
 
Un bar seguindo igualmente a definición da Wikipedia  en  español (en galego non está feita a definición) non é máis que  establecemento comercial onde se serven bebidas alcohólicas e non alcohólicas e aperitivos, xeralmente para seren consumidos de inmediato no mesmo establecemento nun servizo de barra. 
 
Por tanto nun bar tamén podes atopar café, como unha bebida máis dentro das moitas bebidas alcohólicas ou non alcohólicas que vende.
 
A persoa que atende o bar adoita estar de pé, tras a barra, e polo menos en teoría o aperitivo e as bebidas sérvense na barra.
 
Calquera que vivise un tempo en España sabe que na práctica non é tan fácil diferenciar unha cafetería dun bar, ou dun restaurante se non fose que por normativa o establecemento o anuncia claramente no seu cartel.
 
Se simplemente non te fixas ao entrar, en ocasións, saber en que tipo de establecemento estás non é tan fácil.
 
Pero a intención do post non é facer un sisudo estudo sobre as cafeterías, bares e restaurantes, senón reflexionar sobre unha cuestión onde queda a importancia do café nas cafeterías do país en particular ou nos establecementos de hostalería en xeral.
 
 
cafetería española
 
Como respondemos á pregunta
 

O elemento fundamental dunha cafetería no noso país é que se sirvan un gran café nese establecemento?

É pois un elemento importante e que se coide nas cafeterías?
 
A resposta non pode ser outra que un fantástico "depende", algunhas si o coidan, e outras non,  pero desgraciadamente un rotulo cafetería non ten por que ser sinónimo dun gran café.
 
Ollo que non digo que sexa sinónimo pola contra, senón de que che podes atopar cos dous extremos nun establecementos que se "apelidan" igual: cafeterías.
 
Por outra banda existen bares que fan uns cafés máis que dignos, e outros que fan uns cafés desastrosos.
 
E restaurantes hai que che vas cun sorriso na boca polo café que che dan e outros onde un cafeteiro como eu ao que sempre lle apetece un café non pediría nunca un nese local por non estragar o goce da comida.
 
Nos último anos houbo un avance, xeneral no coidado do café que se serve ao cliente aínda que só sexa por que caeu o consumo de café torrefacto, e mesmo unha diminución das mesturas entre cafés torrefactos e naturais.

 

É posible tomar grandes cafés en cafetería?

 
Afortunadamente nos últimos anos apareceu un movemento que situou ao café no lugar que se merece, son as chamadas cafeterías de terceira xeración, termino xurdido en EEUU, que ten o seu reflexo nas cafeterías de café de especialidade que é un termino nado máis no Centro e o sur de América.
 
A súa filosofía baséase en coidar o café que se serve ao cliente, a súa orixe, a súa produción, a súa recollida, o seu tostado e moído facendo que sexa un café selecto, ben tostado, e pensando no gozar do café polo cliente.
 
Afortunadamente este movemento parece que comeza a chegar con forza a España.
 
En calquera cidade do país podes atopar algún establecemento que se preocupa polo café que serve, e por que o consumo deste café sexa unha experiencia para o cliente.
 
Estás cafeterías están a conseguir impoñer a tendencia de coidar o café que se serve aos clientes nos locais de hostalería, e cada vez son máis os establecementos que coidan o café que serven xa sexan cafeterías, bares ou restaurantes.
 
Non sei como ves ti a calidade do café que se serve en cafeterías en particular ou en establecemento de hostalería en xeral.

 

Engadir un novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar se vostede é un visitante humano e previr envíos de spam automatizado.
Imaxe CAPTCHA
Introduza os caracteres amosados na imaxe.
▲ Superior