Vemos o café como unha bebida do Nadal?

Cafeteira no centro da mesa en Nadal

Que sobremesa despois dunha comida de Nadal, ou dun cea de noite vella, non ten un café na mesa?

O café esta sempre presente nas nosas mesas nestas celebracións. É a lgo incuestionable e lévame a unha cuestión á que non lle atopei unha explicación lóxica.
 
Cando pensamos nunha destas comidas familiares tan propias destas datas queremos que saian fantasticamente, para iso buscamos a mellor comida, en como preparala, na disposición da mesa, en ter uns bos viños, e un bo cava para as celebracións, ata nos preocupan as uvas para as badaladas que dan paso ao ano novo.
 

Pero alguén pensa no humilde café que pon fin á comida?

 
Diría que sen temor a equivocarme que moi poucos reparan nese pequeno detalle.
 
Un café de baixa calidade, ou xa pasado, ou mal conservado pode arruinar o o efecto dunha fantástica comida, ao que lle gusta o café aprecia excesivamente este café para finalizar a comida.
Poida que a ti non che guste o café, pero ben seguro que se tes cinco ou seis persoas na túa mesa, a algún  deles encántalle o café.
 
Lembremos que despois da auga é a bebida máis consumida no mundo.
Café desexando feliz Nadal

Pero que é o que teño que facer para poñer un gran café que faga honra ao resto da comida?

 
Imos dar uns pequenos consellos para triunfar co café de Nadal:
  1. Compra o café fresco, fíxate na data de envasado, pois se leva semanas no andel do supermercado non nos servirá para facer un gran café. Comprar o café recentemente envasado é fundamental para obter un gran café.

  2. Nunca compres café moído, moe na túa casa o café en gran que compres xusto no momento antes de infusionar o café. Existen muíños manuais desde 10 euros. Se queres triunfar definitivamente inviste nun muíño no poidas axustar o grao da moenda ao tipo de extracción da túa cafeteira.

  3. Xamais café torrefacto, nin mesturas de natural con torrefacto. O café torrefacto oculta aromas e sabores do café. Xa sabes que o teu café sexa de toste natural.

  4. Asegúrate de que non é un café robusta cento por cento, se tes que apostar faino por un arábica 100%, ou cunha mestura de arábica con robusta con pouca presenza deste último. Para gustos píntanse cores, pois para cafés igual, polo  cal non vou recomendar ningún en concreto.

  5. Moenda adecuada parao o tipo de cafeteira, que o gran que obteñas sexa o adecuado.

  6. Utiliza auga mineral, a non ser que teñas acceso a unha auga de grande calidade que non de ningún tipo de aroma e sabor. Ao final o café que tomas é nunha gran porcentaxe auga, se a auga non é de boa calidade o café non será un bo café.

  7. Faino e sírveo no momento xusto, non debe de chegar frío á mesa, nin se che ocorra requentalo, se arrefriou feixe outro café distinto, un café requentado non é un bo café

  8.  Para servilo o mellor é traspasalo da cafeteira á o que fixemos a unha xerra, se queres un consello, quenta previamente a xerra con auga quente, para que o choque térmico cunha cafeteira fría non arrefríe o café que estas preparando.

  9. Acompaña esta xerra con outras dúas una con leite frío e outra con leite quente e  o azucreiro. Desta maneira os teus invitados poderán preparar ao seu gusto, non a todo o mundo gústalle o café só e sen azucre que por outra banda é a mellor forma de apreciar un bo café

O mellor material para servir o café na mesa son as cuncas de porcelana ou gres, outros materiais como o cristal arrefrían en menos tempo o café.
 
Se tes unha boa bandexa, si esa que che regalaron o día da voda, ou similar, levaa á mesa co teu café recén feito.
 
Cumprirías como perfecto anfitrión co rito de todo final de comida, o café, que sentirá incluído na festa do Nadal, como un invitado máis á túa mesa.
 
O custo de quedar ben co café nas comidas do Nadal é mínimo, unha botella de auga mineral dun litro, e un paquete de café de 250 gramos dun gran café en gran, é máis que suficiente practicamente para calquera celebración caseira.
 
Se queredes saber algo máis de como moer o café para o teu tipo de cafeteira, podes ler o noso post "Aprende a moer café en función da cafeteira que usas". 
 
Outro post que podes interesarvos ler é 8 Tips para preparar un bo café en casa, que profunda nalgún dos conceptos expostos. 
 
Non te angusties con isto buscamos facer un bo café, un café fantástico levarache algo máis de tempo e probas, pero con paciencia e práctica seguro que o consegues.
 

Respondamos finalmente á pregunta inicia, É o café unha bebida do Nadal?

 
E tanto que é.
É unha bebida do Nadal, pero quizá deberiamos de comezar a tratala como o que é, e comezar a preocuparnos polo café que poñemos na nosa mesa.
Por certo, BO NADAL.
 

 

Engadir un novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar se vostede é un visitante humano e previr envíos de spam automatizado.

Director del Proyecto : Federico Asorey Consultoría e-Commerce
© Copyright 2020