Carta de cafés para espantar o frío

 Carta de cafés para o frío o café irlandés un dos imprescindibles.

Suxerencias para a vosa carta de cafés cando a frío chama á porta.

A idea é que cando o frío está na porta, a carta de cafés do voso local poida axudar a entrar en calor ao noso cliente.

Baixan as temperaturas mínimas, fóra vai frío, e o teu cliente estra coa sensación de ter carambiños de xeo en lugar de pés e o nariz de vermello forte como clara indicación de perigo de conxelación.
 
O teu cliente entra coas mans xeadas, e mira con desesperación algo quente que tomar no teu local.

 

Que podes facer para que o cliente entre en calor?

 
Aparte de acender a calefacción,)
 
Unha  carta cinco ou seis cafés máis que aptos para escorrentar o frío, pode ser unha gran idea.

Carta de café para un inverno frío, frío.

1º A túa carta ha de abrir á forza cun clásico: o Café  expreso quentiño. 

 
Sen máis é a bebida quente por antonomasia para quitar o frío, e seguramente sexan xa adictos a ela.  Difícil de atopar algo máis poderoso para entrar en calor que unha cunca de café quentiño.
 
Podes vendelo na carta  como  "Café con leite para combater o frío" ou similar que sempre queda máis espectacular.
 
Na túa carta de cafés non pode faltar.
 
Un pouco da calor do trópico en vea do cliente. As súas mans entrasen rapidamente en calor e o corpo amornarase, e todo polo que custa un café.
 
Para esta viaxe non necesitamos moitas alforxas, imos a traballalo un pouco máis.
 

2º Un café irlandés para a tua carta de cafés. 

Bebelo cando estás morto de frío é todo un a experiencia, iso si,  moderación con este remedio cafeteiro contra o frío.  
 
Coidado co Irish Coffee por que leva Whisky na súa composición, advertidos quedades.
 
Ingredientes:
  • 1 cuncas de café forte.
  • 25 ml de whisky irlandés.
  • 2 culleradas de azucre moreno .
  • 100 ml de crema de leite.
Batemos a crema de leite con bariñas pero sen que chegue a ser nata montada.
 
Nun pequeno recipiente vertemos o Whisky irlandés, se queremos se estritos coa tradición e co sabor que achega ao café irlandés, quentámolo ata case ferver, e despois mesturamos o produto nunha copa que previamente quentamos con auga simplemente para que o recipiente non arrefríe o café.
 
Vertemos o Whisky co azucre ata un terzo do volume total, vertemos o café ben cargado, utilizando a culleriña para evitar que se mesturen o whisky e o café, e por encima completamos coa nata, terminamos decorando a copa cuns toques de canela ou cacao.
 
A graza disto é explicarlle ao cliente como se bebe o café irlandés para gozalo realmente.
 
A clave é non mesturalo batendo cunha culler, senón que hai que beberse o café irlandés con coidado, dando pequenos sorbos a través da nata.
 
A xente o norte sempre sabe como combater o frío, non?

 

 

3ª Café vienes un acerto na túa carta para o frío. 

Orixinario da capital de Austria, é un café sen alcohol pero moi adecuado para tomalo con tempo frío.
 
Ingredientes:
  • 25 ml de Café expreso 
  • 100 mls de Nata para montar
  • 2 culleradas de Azucre
Para obter o café vienés, o primeiro que debemos facer é preparar o café expreso.
 
Servimos o café expreso en cuncas individuais, engadimos un par de cullerada de azucre e removemos.
 
Cando estea listo mesturado o azucre co o café. Montamos a nata prero deixámola semimontada. Coroamos o café vienés coa nata semimontada e espolvoreamos un pouco de canela en po. 
 
Sérvese de inmediato e en cuncas de cristal ou copas pequenas.
 
Sei que estás a pensar, para facer réxime non é moi recomendable, pero que son unhas calorías cando estas a piques de conxelación.
 

4º  Carajillo, un clásico de aquí que non pode faltar na túa carta.

Quizá o máis coñecida das preparacións con café de orixe nacional.
 
Ingredientes:
  • 1/3 brandy Magno
  • 2/3 café expreso
  • 3 grans de café
  • 1 ó 2 terróns azucre moreno
  • 1 sobre de azucre branco
  • Cortiza de limón 1
  • 1 rama de canela
Difícil atopar un lugar onde sirvan un de verdade, non é só un café acompañado de licor, ás veces mesmo deixando a botella ao cliente.
 
O bo carajillo comézase quentando e queimando brandy cuns grans de café e cortiza de limón, entón o café recentemente preparado sería engadido á mestura para despois filtra os grans de café e a pel do limón.
 
Poñemos na nosa cunca especial o azucre, o pouco de brandy, os grans de café e a cortiza de limón. Quentamos a mestura e a flamexamos.
 
A continuación engadimos un bo café expreso e mesturamos.
 
Que queredes que vos diga ao min ségueme lembrando a descansos de fútbol para frear a conxelación nos descansos dos partidos invernais  na grada de Río do Vello campo de Santa Isabel en Santiago de Compostela.
 
De todos os xeitos deu lugar a múltiples variantes locais e mesmo se fai con outros tipos de licores.

5º  Asiático, un café de Murcia para a túa carta de cafés

Trátase dunha variedade típica do campo de Cartaxena, aínda que tamén se pode pedir noutras zonas da Rexión de  de Murcia.

Os ingredientes que imos necesitar son os seguintes:
  • Café só.
  • Leite Condensado.
  • Coñac
  • Licor 43.
  • Canela.
A súa orixe remóntanse ao café que se volvía a colar que empregaban os pescadores de Cartaxena para quentarse.
 
Sérvese nunha copa especial, realizada en cristal máis groso do habitual para evitar que ser rompa, e cuxo deseño está inspirado no da antiga Fábrica de Cristal de Santa Lucía.  Desde 1945 é a empresa José Díaz a que se encarga da súa fabricación e comercialización.
 
O café ben cargado e moi dozón, é todo un reconstitúente nos días fríos. Que non se diga que no Sur non saben sacudirse o frío.
 
Engadimos leite condensado cubrindo as facetas da parte inferior, duns dous dedos aproximadamente. 
 
Despois preparamos un café expreso só, non moi longo nin demasiado curto, no vaso orixinal, máis ou menos ata a parte superior das lanzas. 
 
O seguinte paso é engadir coñac ao gusto e un pouco de Licor 43. 
 
O nome orixinal era o de café ruso, aínda que dada as connotacións políticas negativas que devandito adxectivo adquiriu despois da Guerra Civil española, o nome cambiouse ao actual.
 
Fóra de Murcia vai sorprender.
 

Son cinco cafés que amornan o corpo a calquera, adeus ao frío con eles. Fáciles de facer e agradecidos para o corpo.
 
Non son os únicos, axúdame a completar a carta de cafés para espantar o frío co imprescindible que non recollemos.
 
Podedes propoñer, comentar ou discutir sobre cafés que sobren ou que falten nesta carta para o inverno.
 
Que a vida vos depare sempre un bo café e alguén con quen compartilo.
 

 

 

 

 

Engadir un novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar se vostede é un visitante humano e previr envíos de spam automatizado.

Director del Proyecto : Federico Asorey Consultoría e-Commerce
© Copyright 2020