A Moka, Cafeteira que cambio a forma de tomar café

Cafeteira moka ou Italiana ao lume

Que é unha cafeteira moka?

A cafeteira moka tamén coñecida como greca ou italiana é unha das cafeteiras máis populares presentes nos fogares de todo o mundo.
Especialmente en Italia, España e outros países mediterráneos, 
 
Icona do deseño Arte Deco e emblema da cultura do café italiana, quizá  foi desprazada do seu reinado indiscutible polas cafeteiras con cápsulas e os seus miles de modelos e accesorios diferentes.
 
Na súa defensa dicir que é máis sinxela, menos contaminante, e moito máis barata. En poucos minutos dános un excelente café, moi superior a calquera que prepares cunha cafeteira de cápsulas.
 
Ademais podes preparar ese café estes onde estes só tes que ter un lume ou fonte de calor, auga, e café moído fino, ou capacidade para moer ese café  nunha moenda fina.
A moka é esa cafeteira que as nosas nais e avoas poñían no lume e nun minuto asolagaban dun marabilloso cheiro a café caseiro toda a casa.
A moka ou greca é un clásico que sempre sempre estivo aí. E na miña opinión sempre estará.
 
Moita xente recorre a ela para preparar a súa cunca diaria de café, pero poucos coñecen a súa considerable influencia na cultura cafeteira mundial.
 
Cafeteira Italiana ou Moka

De feito a Moka revolucionou a maneira en que consumimos o café en casa.

A moka foi inventada en Italia, país ao que o café lle debe moitas cousas.
Foi un intento con éxito de levar a casa dunha forma fácil e sinxela a posibilidade de obter un café espresso na casa.
As máquinas de espresso, un exemplo de "percolación".  presurizada, funcionaban ao ferver auga baixa presión para forzar ao vapor para pasar a través dunha moenda fina de café. 
 
Isto producía un concentrado de sabor forte, apto consumir rapidamente.
 
Pero as primeiras máquinas de espresso eran grandes, caras, e máis adecuadas para o uso comercial que caseiro. Características estas que seguen conservando na actualidade ó menos en certa medida.
 
Nunha sociedade cada vez máis industrial, este servizo veloz era ideal para os traballadores que necesitaban tomar un café rápido, durante unha breve pausa nos seus traballos, unha tradición que chegou ata os nosos días, afortunadamente. 
 
Pero ninguén dispoñía de estás máquinas polo seu tamaño e prezo no seu fogar.

Como se cheoguo a Moka?

Afonso Bialetti é un Enxeñeiro Italiano que en 1933 creou a Moka Express como un dispositivo  octogonal de aluminio para o fogón que aínda usamos na actualidade. 
Rapidamente adquiriu a reputación de ser unha cafeteira económica e eficiente para preparar café en casa. 
Segundo  Tristan  Stephenson no seu libro  "The  Curious  Barista’ s  Guide  to  Coffee“ en pouco máis de dez anos, a Moka  Express vendeu 20 millóns de unidades”. 
Na actualidade, Bialetti afirma que a súa cafeteira moka atópase en nove de dez fogares de Italia. 

Como lle foi a cafeeira fóra de Italia? 

Foise estendendo aos poucos e para finais do século  XX, as vendas alcanzaron os 220 millóns de unidades año, aproximadamente.
O seu éxito estivo moi relacionado  on a difusión da cultura do espresso tamén fóra de Italia.
 
  • Este tipo de cafeteiras moka non só foron fabricadas Bialetti que fora o que as inventor senón ao seu éxito contribuíron tamén as cafeteiras xurdidas á sombra da moka en fabricas da competencia. 

  • Ademais, foi influenciada polas innovacións na manufactura no século  XX, como o aluminio, que se volvía accesible a escala industrial. 

  • As comunidades italianas en todo o mundo tamén tiveron un papel na popularización do café ao estilo italiano.

  • Do mesmo xeito que en Italia, o café noutros países pasou de ser un luxo a un produto alcanzable.

E o consumo de café aumentou nos fogares, onde grazas ás cafeteiras moka ou italianas podías obter un  magnifico café en moi pouco tempo aun prezo moi asequible.

Por que lle chamamos moka á cafeteira?

Recibiu o seu nome grazas á cidade de Moka, que ata principios do século  XVIII, foi un porto importante para a exportación do café de Iemen a Europa.
 
É unha homenaxe do inventor a ese café que por outra banda foi o primeiro en chegar a Europa.
É o  tipico caso de como unha  maca comercial  Moka de  Bialleti convértese no nome co que  designana a todas estás cafeteiras italianas sexan ou non da marca.
O máis correcto sería designar así só ás cafeteiras italianas desta marca pero xa se ten convertido nun nome xenérico.

Características da cafeteira moka

A cafeteira moka destaca sobre todo pola súa sinxeleza e facilidade de uso.
 
Consta de tres partes diferenciadas: 
  • Unha caldeira ou deposito inferior con válvula onde se pon a auga

  • A intermedia que é un  porta filtro informa de embude onde se pon o café moído. O Filtro impide que os pousos se mesturen coa parte inferior 

  • E unha parte superior en forma de xerra que se  enrosca á parte inferior, igualmente cun filtro fixado á parte superior por unha goma que evita que os pousos de café pasen á xerra superior.

Como preparamos café nunha cafeteira moka

  1. Desmóntase a cafeteira, énchese de auga o deposito sempre por baixo da válvula de seguridade.

  2. Ponse un café moído fino no porta café con forma de embude que trae a cafeteira, distribúese de xeito uniforme.

  3. Para unha cafeteira completa a cantidade de auga a utilizar é a que caiba no deposito sen superar nunca a válvula de seguridade.

  4. A cantidade de café a que caiba no porta filtro con forma embude tan característico deste tipo de cafeteira. Importante, nunca debe de premer o café, xa que a forza coa que sobe a auga é moi inferior á dunha cafeteira expreso e corres o risco de que o café non suba por que non poida coa pastilla de café formada.

  5. Péchase a cafeteira  ponse ao lume.

  6. Polo conduto da parte superior sairá o café ata encher.

Uso da cafeteira moka

Como funciona unha cafeteira moka? 

  • Ao poñer ao lume a cafeteira levará a auga a ferver, esta auga  que foi  presurizada polo vapor que forma ao quentarse, sobe polo embude que conecta as pezas inferior e superior da cafeteira facéndoa así pasar a través da moenda de café.

  • Esa moenda de café debe de ser unha moenda fina.

  • A moenda a de ser fina para conseguir que a auga entre en contacto coa maior parte de café posible e así se realice a extracción rapidamente.

  • A auga subirá pasando polo café a presión dunha forma moi parecida á que ocorre co expreso.

  • Iso si a unha presión moi inferior, se un expreso faise a uns 9 bares, a moka só fai que o vapor de auga no seu interior alcanza os 1,5 bares de presión.

  • A extracción do café terminará co son familiar de gurgúlleo que se escoita cando a caldeira está case baleira  e che avisa de que o café está listo.

  • Consegue ese café en menos de 2 minutos.

Funcionamento da cafeteira moka

Un par de recomendacións para facer un bo café en cafeteira moka:
  1. Cando a fonte de calor sexa unha chama, non deixes que excedan una a cafeteira polo lateral da mesma, o ideal é que a chama se axuste de en toda a parte inferior da caldeira da moka pero sen excedela.

  2. Se utilizas indución ou un sistema similar non poñas ao máximo lume o fogón, se ten dez posicións deixa que suba na sete.

  3. Se utilizas auga tépeda no deposito ou caldeira da cafeteira, obterás o café máis rápido e o que é máis importante sen facer sufrir ao café por estar moito tempo exposto a altas temperaturas.

  4. Iso si non utilices a auga tan quente que poida producirche queimaduras, lembra que tes que  enroscar a cafeteira.

  5. Enrosca perfectamente a cafeteira, non debe perderse ningún vapor na xunta de unión da parte inferior e superior da cafeteira.

Por outra banda a cafeteira como todo ten un mantemento.
É bo cambiar  cada certo tempo a goma que ves na parte inferior da xerra da cafeteira, cando deixa de ser branca é o momento de proceder ao cambio.
 
E facer tamén unha limpeza máis profunda da cafeteira.
 
Déixovos un vídeo onde se explica todo o que podes facer para manter correctamente a cafeteira.
 

Como é o café que produce a cafeteira moka.

Aínda que a moka non produce crema por que non alcanza a presión suficiente, si prepara un  shot de café similar ao espresso.
De feito chego a facer unha contribución importante ao crecemento da cultura do espresso.
 
E o certo é é que é capaz de obter un café que moitos amamos.
O seu tamaño reducido e a súa capacidade para facer un café de moi boa calidade, con corpo e gran intensidade, fíxoas moi populares en todo o mundo.
As vantaxes da cafeteira italiana son moitas, principalmente é moi fácil de usar e manter, son das cafeteiras máis barata que poidas atopar.
 
Outra vantaxe da cafeteira italiana é que podes facer varias cuncas á vez, dependendo do tamaño da cafeteira que elixas, hainas desde 1 cunca ata 12, polo que se adaptan ás necesidades de calquera tipo de fogar.
 
Moka é unha cafeteira que deixou un gran legado no mundo do café
 
Independentemente do que depara o futuro para a cafeteira moka, sempre ocupará un lugar privilexiado entre os dispositivos para a preparación do café. 
Antes da súa popularización, o café consumíase máis en público que en espazos privados, e só bebíase nos círculos da elite, polo menos en Europa. 
 
A moka trouxo o café ao estilo do espresso a un número de consumidores de todo o mundo e influíu na nosa forma de preparar, extraer e servir o café.
 
A humilde moka é á vez innovación tecnolóxica e un motor do cambio sociolóxico, o seu impacto xeral na cultura do café foi profundo.
 
E todo isto dunha forma simple, ecolóxica, e sen excesiva complicación para os que a usamos.
 
Tamén che poden interesar:
 
Non esquezas deixarnos o teu comentario.
 
 
 

 

Engadir un novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar se vostede é un visitante humano e previr envíos de spam automatizado.

Director del Proyecto : Federico Asorey Consultoría e-Commerce
© Copyright 2020